Gran actuación dos nosos deportistas no campo a través zonal celebrado este sábado no CEP Pedro Caselles!... En cadete masculino, Haritz Serrano acadou a medalla de ouro nunha carreira moi axustada ata a recta de meta, na que cambiou o ritmo e conseguiu adiantar a Telmo Portela, quen liderara a carreira ata ese momento. Berto Táboas entrou e cuarta posición, conseguindo ambos a clasificación para o campionato provincial. Por outra banda, en cadete feminino, eran Uxía Rodríguez e Antía Rodríguez, as que, representando ao seu clube de atletismo, o Trega, lograron acabar a carreira en segunda e terceira posición, conseguindo así a victoria por equipos nesta categoría. En infantil feminino Carla Rocha acabou sexta, Laura Coello en décimoprimera posición, María Santos décimocuarta e Mara Silva na metade da táboa. En infantil masculino Alexis Lemos acabou décimocuarto.
Parabéns a tod@s e moita sorte no Campionato Provincial aos clasificados.
Podedes consultar toda a información na web da organización como se mostra abaixo:
Estas son as clasificacións do campo a través por clases disputado o mes pasado no CEP Pedro Caselles.