Representación xeométrica dinámica do efecto Compton bidimensional.
Diagrama no espazo de enerxía/momento, modificable de 4 xeitos:
1-Cambear a perspectiva, simplemente arrastrando o fondo co rato.
2-Cambear a dirección de incidencia do fotón (I); mover o punto verde ao redor da circunferencia
3-Cambear a dirección de saída do electrón (e2): Mover o punto violeta ao redor da elipse superior
4-Cambear a velocidade do centro de m/E da colisión (v); desprazar o punto verde V polo eixe vertical
Elementos da imaxen:
Unidades naturais (c = h = m = 1)
En cór negra:
Eixes coordenados espaciais: x (vector unitario u1), y (vector unitario u2) e temporal (vertical, en cór marrón)
circunferencia da base: raio igual á lonxitude de Compton do electrón (ou de calquera outra partícula másica sobre a que incide un fotón)
Punto C: Centro da figura (está na liña do cdm da colisión, e tamén no centro dos vectores (E,p) iniciais (f1, e1) asi como dos finais (f2, e2)
Liña IV: elemento esencial para a construción da figura
En cór azul: elementos correspondentes ao electrón:
vector inicial (e1, en repouso)
hipérbola por e1: lugar xeométrico dos puntos transformados de e1 mediante un boost
elipse electrónica pasando por e1 e e2: lugar xeométrico de todos os posibles vectores resultantes da colisión
vector final (e2, destacado en violeta)
En cór bermella: elementos correspondentes ao fotón (liñas de puntos).
vector inicial (f1, na dirección de incidencia indicada polo punto verde I)
liñas diagonais de puntos: sección do cono de luz do punto da colisión (lugar xeométrico de tódolos fotóns incidentes ou resultantes desta)
elipse fotónica, pasando por f1 e f2: lugar xeométrico de todos os posibles vectores fotónicos implicados na colisión
vector final (f2, destacado en rosa)
Os puntos da base (f1', f2', e1', e2' ) son as proxeccións no espazo de momentos dos correspondentes vectores espazotemporais.