Na gráfica pódense desprazar os seguintes cursores (puntos verdes):
mA (no eixe vertical, E): define a masa da partícula incidente (A) sobre a partícula de referencia (B), considerando mB = 1
Bo1 (sobre o plano px,py): define a dirección de incidencia de A sobre B, así como o momento relativo entre elas.
B2: define a dirección de saída (dispersión) da partícula B no SR
vC (modifica a velocidade do centro da colisión simétrica, C, debida ao boost)
Arrastrando vC ata coincidir co punto C, situámonos no SR simétrico (no que as elipses inclinadas coinciden coas circunferencias horizontais de referencia)
4 vectores (p/E) no SR do boost (antes da colisión: liñas de puntos, despois da colisión: liñas sólidas)
2 vectores bermellos para a partícula de referencia B, antes (B1) e despois (B2) da colisión.
2 vectores azuis para a partícula incidente A, antes (A1) e despois (A2) da colisión.
Os valores numéricos das coordenadas destes 4 vectores, así como os parámetros da colisión:
masa da partícula incidente mA, relativa á da partícula de referencia (mB = 1)
p indica o momento total da colisión (equivale ao momento das 4 partículas no SR do cdm (simétrico, boost = 0)
boost, indicado pola velocidade v, así como polo seguinte vector: (sinh(phi)cos(alpha), sinh(phi)sin(alpha), cosh (phi))
o parámetro phi corresponde ao ángulo hiperbólico do boost, e o parámetro alpha ao ángulo deste co eixe x.