Na parte dereita aparece o diagrama (p,E) dunha colisión elástica, xunto coa proxección no plano base de momentos (px, py), así como uns valores numéricos de interese.
Na parte esquerda destácase a proxección da colisión no plano de momentos bidimensional.
En cór azul: partícula A
En cor bermella: partícula B
Vectores de trazos: situación inicial. Vectores sólidos: situación final.
Na gráfica pódense desprazar os seguintes cursores (puntos verdes):
mA (no eixe vertical, E): define a masa da partícula incidente (A) sobre a partícula de referencia (B), considerando mB = 1
Bo1 (sobre o plano px,py): define a dirección de incidencia de A sobre B, así como o momento relativo entre elas.
B2: define a dirección de saída (dispersión) da partícula B no SR
vC (modifica a velocidade do centro da colisión simétrica, C, debida ao boost)
Na presentación inicial, a partícula B está en repouso antes da colisión. Arrastrando vC ata coincidir co punto C, situámonos no SR simétrico (no que as elipses inclinadas coinciden coas circunferencias horizontais de referencia)