Montmartre foi unha poboación independente ata 1860, cando pasou a converterse no distrito XVIII de París. A finais do século XIX o barrio adquiriu moi mala fama debido aos cabarets e bordeis que se instalaron na zona, pero diferentes artistas que o consideraban un barrio encantador trasladáronse alí para convertelo no marabilloso lugar que é na actualidade .