Walt Disney Studios é o parque de Disneyland Paris pensado para unha audiencia máis adulta. A súa temática é o cinema e as atraccións son dun nivel superior ao Parque Disneyland.
Entre as atraccións máis importantes que non che podes perder, atópanse:
- Studio Tram Tour: Behind the Magic: Imprescindible. Un paseo en tren onde verás e vivirás efectos especiais do máis alto nivel.
- Rock n Roller Coaster: A evolución do Space Mountain. É unha montaña rusa interior en completa escuridade máis rápida, máis suave e mellor ambientada.
- Crush' s Coaster: Na última montaña rusa de Disneyland viaxarás con Nemo e os seus amigos polos arrecifes de coral. É máis emocionante do que podería parecer a primeira ollada.
- Tower of Terror: A Dimensión Descoñecida: A última atracción construída en Walt Disney Studios. Dentro do hotel maldito espéranche moitas sorpresas... pasarás medo.