Durante o percorrido a través da Conciergerie pódese ver unha pequena reconstrución dos cárceres revolucionarios, nas que se aprecian as diferentes condicións nas que vivían as persoas pobres, que durmían no chan, e as máis adiñeiradas, que posuían camas, mobiliario e mesmo algúns serventes.