O noso alumnado naceu rodeado de tecnoloxía, son nativos dixitais. Na escola non podemos ignorar este xeito de recibir información, porque se está convertendo na maneira principal que teñen os nenos/as de "ver o mundo".
O cine presenta a sociedade e os seres que a compoñen, interaccionando uns cos outros, relacionándose entre sí e protagonizando actividades da vida cotiá . Ademáis, ocupa un lugar relevante na vida persoal e social e goza de prestixio coma fonte cultural.
O cine permite levar a cabo un estudo da sociedade, coñecer diferentes culturas, formar a nosa visión dos acontecementos pasados, presentes e futuros , entrar en contacto con valores, ideas , pensamentos, actitudes, normas...
Estes e outros aspectos fan do cine un recurso didáctico, que actúa coma "educador informal", é dicir, detrás da súa dimensión lúdica agocha unha faceta formativa. Usámolo para espertar o interese, por exemplo, de temas relacionados co Coñecemento do Medio, ou para traballar na área de Ed. Artística, ou para coñecer un feito histórico, un personaxe ...
Nunha sociedade coma a actual, é convinte que o alumnado teña unha cultura audiovisual axeitada, que lles permita, non só coñecer a linguaxe cinematográfica, senón que interpreten e vexan máis alá da información que reciben, que a fagan súa e útil para eles.
OBXECTIVOS do Proxecto
COMPETENCIAS
-Promover o diálogo entre o alumnado para que poidan expresar os seus sentementos, emocións , vivencias e opinións dun xeito sixelo e claro, favorecendo un clima de confianza e propiciando o traballo colaborativo.
-Utilizar a comunicación como elemento principal para a resolución dos seus conflitos diarios.
-Desenvolver o sentido crítico fronte a realidade que rodea aos alumnos
2. C. Coñecemento e Interacción co Mundo Físico
-Mellorar o coñecemento do alumnado sobre o mundo e a realidade sociocultural na que viven
-Traballar o concepto de multiculturalidade, coñecendo costumes e tradicións doutras épocas e lugares
3. C. Tratamento da información e competencia dixital
-Empregar Internet para a busca de información
-Recoñecer e empregar elementos da linguaxe audiovisula: planos, encuadres, secuencias...
4. C. Social e cidadá
-Desenvolver destrezas e habilidades como a sensibilidade cultural e superación de estereotipos sociais
-Recoñecer e facer propias actitudes e valores tanto individuais coma de grupo (solidariedade, igualdade, tolerancia, amizade ...)
5. C. Cultural e artística
-Desenvolver o gusto pola arte (cine, literatura, televisión ...)
-Establecer e coñecer as relacións existentes entre cine e literatura
6. C. Aprender a aprender
7. C. Autonomía e iniciativa persoal
TEMAS TRANSVERSAIS
-Educación para a paz e a interculturalidade
-Educac. para a aigualdade de oportunidades
-E. moral e cívica
-E. Ambiental
-E. en medios de comunicación e educación do consumidor