Creamos unha cabeceira para as nosas curtas
O día 18 de outubro inaugurouse no Museo Municipal a exposición "Xoguetes de cine" de Federico Rasenberg, coñecido polo seu traballo de efectos especiais en películas como "Cen anos de perdón" ou "Relatos salvaxes".
Son 9 obxectos baseados en antigos xoguetes ópticos do século XIX.
Peixes que se sumerxen na auga, ras que saltan, homes que corren e fontes nas que as gotas caen a cámara lenta ... a maxia créase apretando un botón, cando as luces se acenden e o xiradiscos comeza a dar voltas.
Pode visitarse ata o día 27.
O cinema é, ante todo, fotografía. Sen ela o cinema non existiría.
Nesta exposición ao aire libre pódense ver fotos realizadas durante a rodaxe de varias películas, fotos de actores e actrices, de estudios de cine ... fotos que nos amosan o cine "por dentro".
No Bloguesquío atoparedes toda a información sobre a actividade. Picade no enlace.
Picando no enlace atoparedes as nosas recomendacións de libros e películas para as tardes de inverno en familia.
O alumnado reflexionou sobre os valores que representa a PAZ a través do visionado de curtametraxes seleccionadas polo equipo de biblioteca. Cada clase tivo que representar nun cartaz as ideas e valores que transmitía a película que lles tocara en sorte .
Dedicamos unha entrada no Bloguesquío a este cineasta
Para celebrar o día do amor en Galicia, pedimos aos rapaces que fixeran unha selección de frases de amor de película
Quixemos poñer en valor o traballo das mulleres no cine, dende as pioneiras ata a actualidade, investigando sobre a súa vida e os seus logros.