Con C de CINE

XUSTIFICACIÓN

O noso alumnado naceu rodeado de tecnoloxía, son nativos dixitais. Na escola non podemos ignorar este xeito de recibir información, porque se está convertendo na maneira principal que teñen os nenos/as de "ver o mundo".

O cine presenta a sociedade e os seres que a compoñen, interaccionando uns cos outros, relacionándose entre sí e protagonizando actividades da vida cotiá . Ademáis, ocupa un lugar relevante na vida persoal e social e goza de prestixio coma fonte cultural.

O cine permite levar a cabo un estudo da sociedade, coñecer diferentes culturas, formar a nosa visión dos acontecementos pasados, presentes e futuros , entrar en contacto con valores, ideas , pensamentos, actitudes, normas...

Estes e outros aspectos fan do cine un recurso didáctico, que actúa coma "educador informal", é dicir, detrás da súa dimensión lúdica agocha unha faceta formativa. Usámolo para espertar o interese, por exemplo, de temas relacionados co Coñecemento do Medio, ou para traballar na área de Ed. Artística, ou para coñecer un feito histórico, un personaxe ...

Nunha sociedade coma a actual, é convinte que o alumnado teña unha cultura audiovisual axeitada, que lles permita, non só coñecer a linguaxe cinematográfica, senón que interpreten e vexan máis alá da información que reciben, que a fagan súa e útil para eles.

OBXECTIVOS do Proxecto

  • Coñecer os medios de comunicación que empregan a imaxe para a creación de mensaxes e aprecialos dun xeito crítico
  • Ampliar a capacidade para distinguir entre ficción e realidade
  • Permitir que o alumnado coñeza a linguaxe cinematográfica, na que a interacción dos códigos verbais e non verbais é tan rica e eficaz, para a transmisión de significados e a construción dos personaxes.
  • Recoñecer os personaxes típicos do cine: o/a protagonista, o/a antagonista, os secundarios...
  • Coñecer as distintas profesións relacionadas cunha produción audiovisual: director/a, productor/a, cámara, decorador/a...
  • Analizar os diferentes xéneros cinematográficos: documentais, películas de aventuras, de ciencia ficción, de animación, drama, comedia...
  • Investigar, descubrir e analizar a temática do cine e a súa evolución histórica
  • Coñecer os diferentes planos de rodaxe, movementos de cámara ...
  • Percibir a linguaxe musical, os tipos de música e a instrumentación como elemento integrante da linguaxe cinematográfica (bandas sonoras)
  • Recoñecer e analizar o valor artístico dos decorados, vestiario, maquillaxe e caracterización como parte da linguaxe cinematográfica.
  • Formar cidadáns que saiban desenvolverse con intelixencia no contexto social mediático; que non se deixen influír polo que os medios ofrecen; que desenvolvan unha actitude crítica fronte a información que reciben.
  • Comprender as posibilidades da imaxe en movemento e utilizala para expresar ideas, sentimentos, experiencias...

COMPETENCIAS

  1. C. Lingüística

-Promover o diálogo entre o alumnado para que poidan expresar os seus sentementos, emocións , vivencias e opinións dun xeito sixelo e claro, favorecendo un clima de confianza e propiciando o traballo colaborativo.

-Utilizar a comunicación como elemento principal para a resolución dos seus conflitos diarios.

-Desenvolver o sentido crítico fronte a realidade que rodea aos alumnos

2. C. Coñecemento e Interacción co Mundo Físico

-Mellorar o coñecemento do alumnado sobre o mundo e a realidade sociocultural na que viven

-Traballar o concepto de multiculturalidade, coñecendo costumes e tradicións doutras épocas e lugares

3. C. Tratamento da información e competencia dixital

-Empregar Internet para a busca de información

-Recoñecer e empregar elementos da linguaxe audiovisula: planos, encuadres, secuencias...

4. C. Social e cidadá

-Desenvolver destrezas e habilidades como a sensibilidade cultural e superación de estereotipos sociais

-Recoñecer e facer propias actitudes e valores tanto individuais coma de grupo (solidariedade, igualdade, tolerancia, amizade ...)

5. C. Cultural e artística

-Desenvolver o gusto pola arte (cine, literatura, televisión ...)

-Establecer e coñecer as relacións existentes entre cine e literatura

6. C. Aprender a aprender

7. C. Autonomía e iniciativa persoal

TEMAS TRANSVERSAIS

-Educación para a paz e a interculturalidade

-Educac. para a aigualdade de oportunidades

-E. moral e cívica

-E. Ambiental

-E. en medios de comunicación e educación do consumidor