25 de maio
Comezamos o derradeiro tema do curso: AS MÁQUINAS. E para iso tedes que visualizar o vídeo de AS MÁQUINAS que está colgado en TEAMS, en ARCHIVOS, dentro da carpeta MATERIALES DE CLASE. A continuación, tedes que ler e estudar as páxinas 96 e 97. Logo tedes que investigar e buscar unha máquina simple e outra composta. A tarefa consiste en facer un vídeo explicativo sobre cada unha desas máquinas. Onde comentedes qué tipo de máquina é, cales son as súas características principais e para que se utiliza. Cando teñades o vídeo o enviades por TEAMS, a través do CHAT privado, o que está á vosa esquerda, non polo chat general. O que teña problemas que o envíe por https://wetransfer.com/ Tedes de prazo ata o 9 de xuño. Moito ánimo que xa queda pouco para rematar o curso.
18 de maio
Ola rapaces! Como xa rematamos o tema 5 para asimilar os contidos e intentar lembrar os aspectos fundamentais ides facer un resumo do tema. Non se trata de copiar o libro se non de ir extraendo de cada pregunta o máis importante. Tedes ata o luns 25 de maio para facelo. Este traballo tamén está publicado en TEAMS. Intentade envialo por ese medio. Moito ánimo!!
11 de maio
Ola rapaces! Esta semana imos ir familiarizándonos con TEAMS. Tedes que ir e facer a tarefa que vos puxen. Se tedes dificultades ou dúbidas escribídeme. Tamén colgarei en TEAMS as solucións das actividades desta semana. Xa tedes colgado, tamén en TEAMS, o novo vídeo sobre AS FONTES DE ENERXÍA RENOVABLES E NON RENOVABLES. Ata moi pronto!!
9 de maio
Ola rapaces, xa está colgado en TEAMS o vídeo sobre AS FONTES DE ENERXÍA de CONECTA 3º. Mirade se podedes velo. Tedes que entrar en TEAMS e pinchar onde pon ARCHIVOS e logo pinchades en MATERIALES DE CLASE. Ahí tedes os dous vídeos do tema.
4 de maio
Ola rapaces, continuamos co tema da ENERXÍA. Esta semana tamén vos colgarei por aquí un vídeo de CONECTA 3º explicativo coa parte do tema. Estade atentos. Xa tedes colgadas as actividades desta semana na plataforma de SM, ten que activarse a campaniña, se tedes problemas para velas dicídemo, por favor, ao meu correo. Lembrade que tedes que ir estudando as formas da enerxía e esta semana toca ler e estudar as páxinas 82 e 83 do tema AS FONTES DE ENERXÍA. Facede esquema para poder asimilar os contidos fundamentais. Pronto fareivos unha proba para ver como levades o tema. A semana que ven vos conto máis sobre isto. Moito ánimo e apertas!
27 de abril
Tal e como vos adiantaba a semana pasada hoxe comezamos tema novo: A ENERXÍA. Esta semana non faremos tarefas na plataforma de SM. Algúns tivéchedes problemas a semana pasada para entrar nela e facer as actividades, non vos preocupedes. Esta semana ides ler as páxinas 78,79,80 e 81 onde fala do que é a enerxía, as formas de enerxía e os seus cambios. En breve, colgareivos por aquí un vídeo explicativo sobre esta parte. Colgueivos xa o vídeo feito por min, que titulei "CONECTA 3º", espero que vos guste. Tedes que visualizalo. Unha vez que leades as páxinas do libro teredes que facer as seguintes actividades:
Tedes que escribir nun folio as formas de enerxía que veñen no libro e facer os debuxos tamén do libro (páxina 80).
Despois tedes que buscar catro exemplos de cómo a enerxía se transforma. Veñen algúns exemplos na páxina 81, pero non podedes poñer os mesmos que os do libro.
Tedes que estudiar as páxinas 80 e 81. Facede un esquema que vos axude a lembrar o máis importante.
Este é o traballo para esta semana. Así que cando o teñades todo mo enviades ao correo, non fai falta que enviedes as actividades por separado. Cando teñades todo é cando o tedes que enviar.
Moito ánimo e apertas!!
24 de abril
Como moitos xa fixéchedes as tarefas desta semana podedes facer algunhas actividades interactivas divertidas tamén en RECURSOS INTERACTIVOS no apartado de JUEGA E APRENDE como CREA O TEU ARTRÓPODO e AVENTURA NO MUSEO. Déixovos a captura de pantalla para que vexades onde tedes que pinchar.
O próximo luns comezamos con tema da... ENERXÍA!!!
20 de abril
¡¡AVISO!! Para facer as actividades interactivas desta semana tedes que ir á parte superior ao apartado RECURSOS INTERACTIVOS, cando entrades ides ao final da páxina e en azul di "TU PROFESOR TE RECOMIENDA",esas son as tarefas asignadas. Nesta ocasión non se activa a campá de notificacións. Déixovos a captura de pantalla por se tedes dúbidas. Moitas grazas.
O mundo animal é sorprendente e moi interesante... ¿lembrades todo o que aprendíchedes sobre os animais ao longo do curso? Esta semana ides desfrutar con eles. Propópoños unhas actividades divertidas e interactivas. Para iso tedes que ir á plataforma de SM. Ahí está o traballo para estes días: tedes que visualizar un video titulado: "Descubrindo os animais", pinchar na presentación das Funcións vitais e facer a actividade de :"Que recordamos sobre os animais?". Tedes que fixarvos onde di: "TU PROFESOR TE RECOMIENDA". Moito ánimo, rapaces!!
14 de abril
Xa estamos de volta,rapaces. Agardo que collérades moita enerxía para este terceiro trimestre. Regresamos cunha actividade sobre os Materiais e o Medio ambiente. Tedes a actividade colgada na plataforma de SM. Ánimo o prazo para facela é ata este venres 17 de abril.
3 de abril
Aquí tedes as solucións de Repaso e Avaliación, tamén están colgadas na plataforma de SM. Mirade se tedes erros nas vosas fichas.
Como xa vos dixen os vosos pratos creativos son unha auténtica marabilla!! Parabéns. Aproveitade este periodo de vacacións para desconectar e recargar pilar para regresar con moitas ganas. Apertas enormes.
PAULA
"NATI FRUTI". POR NATALIA CASTEDO.
"O GALIÑEIRO SAUDABLE". POR DIEGO RIVERA.
"MACEDONIFLOR". POR MARCOS LÓPEZ.
SERGIO AGENJO
"BRECOLFLY". POR MATEO BARCIA.
"LA ISLA DE LAS SORPRESAS". POR CARLOS GARCÍA.
"MERENDA DE AMOR". POR JULIETA VÁZQUEZ.
"CARAFRUTA". POR ZAIDA GORGOZO.
"GORGORITO". POR LUCÍA ECHEVARRÍA.
"MERIENDA EN LA NATURALEZA". POR ANDREA CALVO.
"KITTY CON GLOBOS". POR ADRIANA ESPIÑEIRA.
"LAS FLORES ENCANTADAS". POR ANA MEL MAGLHAES.
"CAMALEÓN". POR CARMEN AGUILAR.
"COCO Y SUS AVENTURAS". POR CHRISTOPHER SÁNCHEZ.
"MARIFRUTI". POR DANIELA BARREIRO
"ERIUVA". POR MARTÍN FERNÁNDEZ.
"EL LEÓN FANTÁSTICO". POR HUGO LÓPEZ.
"LUCIMAR". POR LUCÍA RODRÍGUEZ.
MARTINA GONZÁLEZ
"OVEJA SHAUN GALEGA". POR MARTÍN ROMEU.
"PAVO FRUTI REAL". POR JOSE VÁZQUEZ.
"O PEIXE FRUTEIRO". POR JUAN PAZOS.
"PEPE SAUDABLE". POR PEPE LÓPEZ.
"SEÑOR ENSALADA DE FRUTA". POR LUCAS NAVEIRA.
SOFÍA CAMPOS
AINHOA
"SANCHIPLÁTANO". POR RANDY PINALES.
"VERANO COLORIDO". POR CLAUDIA RODRÍGUEZ.
SÁRA PÉREZ
30 de marzo do 2020
Alumn@s querid@s, xa rematamos o segundo trimestre do curso e para celebralo imos facer a derradeira actividade de Naturais. Iso sí, será moi creativa e saborosa. Tedes que convertirvos en auténticos cociñeiros e elaborar un prato creativo e moi saudable.
Mandade unha foto e indicádeme, por favor, o nome do prato. Ten que ser o máis saudable posible. Sodes quen de conseguilo? Agardo os vosos traballos con moita ilusión para colgalos no blogue. Tedes de prazo ata este venres 3 de abril. Ánimo, chefs!!
23 de marzo do 2020
Moitas grazas a todos os que xa vos puxestes en contacto comigo a través do correo electrónico. Algúns xa estades rexistrados na plataforma SM, pronto seguro que xa estaremos todos. As primeiras tarefas xa están postas na plataforma SM. A primeira delas é sobre a agua. Os rapaces teñen que elaborar a súa gotiña de auga e un eslogan sobre a importancia da mesma. E velaquí temos xa os primeiros resultados...SODES UNS AUTÉNTICOS ARTISTAS!!
20 de marzo do 2020
Bo día! Quero agradecer enormemente todo o esforzo que estades facendo estes días que levades de traballo na casa, tanto aos alumnos como aos pais. Xa sodes moitos os que me enviáchedes as tarefas ou parte delas. De novo grazas! Aos que todavía non me escribíchedes rogaríavos que me enviárades o voso correo para poder telo rexistrado. En breve mandareivos a todos unha comunicación importante sobre como traballaremos a partir de agora, así que, por favor, pídovos que me escribades cando poidades os que todavía non o fixéchedes. Lémbrovos a miña dirección de email: paula.merlan@mercedariasferrol.es
Ata pronto e moito ánimo!
18 de marzo do 2020
Bo día! Para darlle un pouco de ritmo a estes días propóñovos una actividade creativa e musical. Tedes que inventar unha canción coas TRES R. A canción ten que ter un mínimo de catro estrofas e logo o retrouso (estribillo). Poñédelle unha melodía coñecida. Cando teñades lista a letra a enviades ao meu correo e me indicades con que melodía se pode cantar. Moito ánimo artistas!
Ola rapaces! Poñémonos en marcha con Naturais. Como xa sabedes temos que ir traballando os contidos dous días á semana igual que no cole. O traballo para esta semana será o que vos indiquei o último día clase. Son os seguintes exercicios:
7,8, páxina 65.
9,10, páxina 67.
4,6, páxina 69.
Estes podedes facelos hoxe e o próximo día que teñamos naturais facedes o seguinte:
Repasa a unidade da páxina 70 (todos os exercicios).
Se queda algo por rematar podedes facelo a próxima semana.
Cando rematedes unha ficha completa sacádelle unha foto e a enviades por correo electrónico á miña dirección: paula.merlan@mercedariasferrol.es
Pronto poñereivos máis actividades interesantes!
Ánimo e a seguir aprendendo moito! Non vos esquezades de repasar o tema.