Lingua Galega

Martes 19 de Maio

Bos días. Hoxe imos abrir o libro dixital de ANAYA no tema 9. Imos facer os pronomes persoais II, as palabras con b e o test de autoavaliación

Xoves 14 de Maio

Hoxe seguimos traballando para A Nosa revista do Día das Letras Galegas e o que ides facer é unha entrevista. E vos preguntaredes a quen lle ides facer a entrevista.

Agora sodes uns reporteiros e lle tedes que preguntar ao voso avó ou avoa unha cousa.

Qué pensades a qué xogarían eles de pequenos? Eles non tiñan Xbox, nin Nintendo, nin ordenador, tablet ou Wii. Pois iso é o que lle ides preguntar.

Vos deixo un exemplo de como facer a entrevista e poñela nun folio ou ficha, e podedes decorala como esta ou como queirades.


E déixovos un xogo interactivo no que hai que pasar unhas probas para ser un súper detective.

Picando na imaxe vos leva ao xogo e logo empezade picando no altofalante de cor laranxa.


Tamén vos deixo un conto dos Bolechas sobre Ricardo Carballo Calero

Martes 12 de Maio

Ola rapaciños e rapaciñas, hoxe imos seguir facendo algúns traballos para a revista(está quedando xenial, vades levar unha sorpresa o día 17)

Pois quería pedirvos que fixérades un refrán e un debuxo sobre ese refrán.

Podedes recollelo dalgún que saiban os vosos pais ou os vosos avós, ou tamén inventalo.

Sabedes que é un refrán?

Un refrán case sempre rima e fai referencia a algo que soe ocorrer, por exemplo no refrán:

"En Abril, augas mil"

Abril rima con mil, e fai referencia a algo que soe ocorrer como que en Abril sempre chove moito, é unha época de choivas.

Ou o refrán:

"Quen coas mans non pode, cos dentes acode"

Pode rima con acode, e fai referencia a que normalmente cando non podemos desatar ou abrir algo coas mans, moitas veces, despois o intentamos tamén cos dentes.

O refrán non hai que explicalo, volo explico eu para que vexades que os refráns normalmente fan referencia a cousas que ocorren amiúdo.


Venres 8 de Maio

Este ano adícase o día das Letras Galegas a un escritor Ferrolano, si, si, líchedes ben era un home de Ferrol, como nós e vos, ¿sabedes como se chama o Centro Cultural que temos no Inferniño? ¿Cantos o sabedes? Se chama Centro Cultural Carballo Calero, dentro se dan cursos, hai exposicións e ata unha biblioteca.

Hoxe o que imos facer é un debuxo, retrato ou caricatura, de este home, de Ricardo Carballo Calero, para eso déixovos unha fotografías e unhas caricaturas del, facédeo sen prisa, con calma¡é un home moi importante!


Xoves 7 de Maio

Ola rapaces e rapazas, o que imos facer agora, ata o día das letras galegas vai ser para facer unha pequena revista que poderemos publicar online para ese día, por iso cada día teremos algo distinto ,e logo ao xuntalo quedará a revista de terceiro de EP para o día das Letras Galegas.

Moi ben, pois entón hoxe comezaremos por facer unha poesía en galego, sobre Galicia, pode ser das comidas, do campo, da natureza, dos animais, das praias, das persoas galegas, é dicir calquera cousa que teña que ver coa nosa cultura. Podedes engadirlle un debuxo relacionado co poema que fagades ( quedaría moi molón)

Estou desexando ver as vosas poesías, non teñen que ser moi longas, pero que teñan sentido.


Martes 5 de Maio

Hoxe imos facer un repaso dos sinónimos, antónimos, os nomes e as palabras con c e con qu.

Para iso imos ir ao libro dixital ANAYA

No tema 3 "Todos somos distintos" E facemos as actividades interactivas seguintes:

  • Os sinónimos e os antónimos

  • O nome

  • Palabras con c e con qu (nesta tedes que arrastrar o c ou o qu ao sitio correspondente.

Xoves 30 de Abril

Hoxe imos face outro SOCRATIVE. Pero antes imos ler, ver e escoitar iste conto titulado "O cascabel da gata".

Primeiro vemos o conto.

E agora imos a SOCRATIVE STUDENT e escribides terceromercedarias, así, todo xunto como o vedes na imaxe, e picades en unirte ou Join.

Logo poñedes o voso nome e primeiro apelido (importante), porque como o facedes as dúas clases e xa sabedes que hai quen ten o mesmo nome, pero non o mesmo apelido.

Picades en Done e xa podedes empezar a contestar as preguntas da comprensión.

Martes 28 de Abril

Ola valentes, hoxe imos seguir un pouquiño co libro dixital, lembrade que é ANAYA podedes acceder a él picando na palabra ANAYA pero o que imos facer é do tema 9, si, si, do tema 9, nel imos facer uns exercicios dos pronomes persoais e dos diminutivos, todo isto xa o sabedes e cando o vexades darédesvos conta.

Primeiro escoitamos e vemos o conto de "Como naceu o trigo" e logo facemos unhas actividades interactivas (A primavera, Os diminutivos, Os pronomes persoais)

Venres 24 de Abril

Ola os meus valentes nenos e nenas, deseguido ides poder sair de paseo, xa veredes. O que imos facer hoxe é ver e escoitar este vídeo. O da Casa da Mosca Chosca.

E despois de ver e escoitar o vídeo da mosca chosca imos facer unha ficha interactivas que podedes ir picando na imaxe que hai á dereita. Ao finalizar a ficha, poñedes o voso nome e apelidos e premedes en "enviar" ou "send"


Xoves 23 Abril Día do Libro

Como hoxe é o día do libro imos facer estes marcapáxinas, os coloreades ao voso gusto, o que non poida imprimir pode debuxalos, inventalos, ou facer outros que se vos ocurran.

Martes 21 de Abril

Neste vídeo imos ver como vamos ao libro de Língua Galega para facer as actividades interactivas. E logo facemos a "Na escola I" , "Na escola II", "Na escola III", "Letras palabras e oracións" e "O test de autoavaliación"

lingua.mp4

viernes 17 de Abril

Como onte xa líchedes o Conto de Moucho e Cuquiña, e seguro que aínda vos acordades del, e se non vos acordades, non pasa nada o podemos ler outra vez.

Imos facer as actividades 8, 10, 12, e 14

Lembrade, non hai que imprimilo se non se quere ou se pode, o escribimos nunha ficha, non fai falla copiar o enunciado, poñemos a data de hoxe, o número das actividades e contestamos e listo.

E máis nada, listo todo por esta semán.


Xoves 16 de Abril

Hoxe imos ler este fermosísimo conto escrito por Paula Merlán e debuxado por Antonio Seijas, que nos fala da circulación vial , este libro o fixo o Concello de Narón, por eso cando o leades os van soar nomes coñecidos como o Mosteiro do Couto, o Río Xubia, o Polígono Río do pozo, o Feal.

E despois, ao final do conto veñen unhas actividades, pero hoxe só faremos a 3, 4, 5 e 7.

Non fai falla que copiedes os enunciados, con poñer o número do exercicio e contestalo xa vale.

Animádevos, é un conto moi bonito, xa veredes como vos gusta moito.

Miércoles 15 de Abril

Aquí os dejo un vídeo para que veáis como entrar en Anayadigital en la web de las familias y del alumno.

Ya os enviaré en un correo de e-mail vuestra licencia de Anaya. Estas son distintas para cada uno.

Nos registraremos para la semana, que ahora acabáis de hacer lo de Edelvives y no quiero agobiaros

Bueno, ahora trastear y ver como funciona esto.

Martes 14 de Abril

Ola peques, espero que descansárades, dormírades, xogárades, bailárades, cantárades, debuxárades e desfrutárades estas mini vacacións de Semana Santa.

Imos comezar o terceiro trimestres despaciño, como dí a canción. Aprendendo e repasando e tamén imos ter o libro dixital.

Hoxe imos facer esta fichiña de comprensión lectora. Cando a rematedes enviádea ao meu correo.

A vaca é un mamífero rumiante. Sabedes qué é eso?

Os rumiantes son animais que dixeren os alimentos en dous etapas: primeiro os consumen, e logo realizan rumia, que consiste na regurgitación do material inxerido e o volven a mastigar ata que finalmente xa o tragan.


Venres 3


Bos días

Hoxe ides a ler o cadriño das "palabras con g" e ides a facer os exercicios 2,3 e 4 da páxina 130

E para lembralo ben, podemos escoitar esta canción que de forma moi divertida podemos aprender.

Xoves 2

Bos días

Hoxe imos facer os exercicios 5,6 e 7 da páxina 129

Martes 31

Bos días

Hoxe en Lingua imos ler a páxina 128, os numerais, que xa os vimos en Lingua Castelá. Despois facemos o exercicio 1,2,3 e 4

Venres 27

Hoxe imos facer os exericios 5 e 6 da páxina 127 pero antes imos ver nuns vídeos o que son as palabras compostas, as que están formadas por dúas palabras simples. A que isto xa o sabiades do curso pasado?.

Xoves 26

Hoxe imos ler a páxina 126 do libro OS ANIMAIS e facemos os exercicios 1, 2 e 3 desa páxina.

Coñecíades todos eses animáis e como se dí en galego?.

Lembrade que para calquera dúbida tedes un dicionario no blog de "ailladasabedoria" o no diccionario da RAG



Martes 24

Cantos lembrades a lectura "Cun olliño pechado?"

Imos reflexionar a lectura das páxinas 122 e 123 facendo o exercicio número 5 da páxina 124 e o 6 e 7 da páxina 125.

5 . Reflexiono

6. Por que ...

7. Ordena as palabras...


Viernes 20

Bos días

Hoxe, en Lingua Galega, imos iniciar o tema 8

Comezamos facendo unha lectura do texto das páxinas 122 e 123

Despois, buscamos no dicionario (temos un dicionario no Blog de Illa Sabedoria) as seguintes palabras: lacazán, gorida, pescozo e pálpebras.

E da páxina 124, facemos o exercicio 1 e 2

Martes 17

Bos días rapaces e rapazas. Aquí estamos de novo para continuar coas nosas tarefas

Hoxe imos a rematar o tema no que estabamos

Imos a facer o Resumo da páxina 120 e os exercicios 1,2,e 3 da páxina 120. Cando os rematedes, lle facedes unha foto e os enviades o meu mail

Os anuncios

Imos facer un traballo de investigación sobre os anuncios. Cando fagades o voso anuncio, podedes mandarme unha foto o meu mail

Ficha 1