PRESENTACIÓN

O obxectivo fundamental é crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón de sangue e os primeiros auxilios dende diferentes perspectivas, para concienciar ó alumnado, demáis membros da comunidade educativa e da sociedade de Viveiro, a través dunha información correcta, sobre a importancia dos primeiros auxlios e os beneficios da doazón de sangue. Ademáis, trátase de promover actividades educativas co obxectivo de que poidan ver no acto de doar sangue un exemplo concreto de axuda mutua, de contribución persoal ao ben da sociedade e que dará lugar á súa incorporación como doantes de sangue ao alcanzar a maioría de idade.

Esta proposta plantéxase para diversos cursos: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH. 

Algúns dos obxectivos que se establecen neste proxecto son os seguintes:

Ofrecer ó alumnado unha formación anatómica e fisiolóxica que lles permita entender o funcionamento do sistema locomotor, cardiovascular e respiratorio.

Concienciar á comunidade educativa e ás familias da importancia da doazón de sangue.

Impulsar actitudes solidarias cara á doazón de sangue, coa colaboración de diversas institucións e asociacións da localidade de Viveiro.

Coñecer o procedemento de doazón de sangue, así como as características que debe ter a persoa para poder doar.

Entender a problemática das listas de espera por ausencias de doazóns e atopar posibles solucións.

Dar a coñecer ó alumnado diversas líneas de formación e saídas profesionais vinculadas coa saúde.

Fomentar a igualdade, a inclusión e o traballo cooperativo como base das boas prácticas.

Establecer unhas boas prácticas dentro do centro educativo e que teñan a súa continuidade en vindeiros cursos.

- Desenvolver propostas de aprendizaxe-servizo do alumnado de cursos superiores con alumnado dos cursos inferiores, así como coas familias e diversos colectivos (sociais, deportivos...) ós que pertenzan.