PROXECTO SALVAVIDAS

O Proxecto Salvavidas, preséntase como un programa incluido no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Desenvolverase no IES Vilar Ponte de Viveiro durante o curso lectivo 2023/2024.


O IES Vilar Ponte é un centro educativo que conta coas ensinanzas correspondentes á etapa de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.


Este Proxecto "Salvavidas" está vencellado con outros Contratos-Programas e Plans Proxecta que se desenvolverán no noso centro educativo neste curso 23-24:


Dende o noso punto de vista consideramos moi importante vencellar os contidos da doazón de sangue con outros presentes no curriculum: os primeiros auxilios e o Soporte Vital Básico. Deste xeito consideramos este Plan Proxecta Salvavidas como imprensindible na Educación, non só a nivel educativo para alumnado, familias e demais membros da comunidade educativa, senón tamén para concienciar á sociedade da importancia da doazón de sangue e da intervención axeitada nos primeiros auxilios, potenciando a iniciativa, a cooperación, a conciencia social e a solidariedade.