ACTIVIDADES

COÑECEMENTO DO CORPO HUMANO: ANATOMÍA E FISIOLOXÍA, E A SÚA RELACIÓN COA DOAZÓN DE SANGUE E OS PRIMEIROS AUXILIOS.

O noso alumnado dos cursos inferiores aprendeu aspectos básicos da anatomía humana, e o alumnado dos cursos superiores traballou sobre contidos máis específicos tanto de anatomía como de fisioloxía: sistemas do corpo humano, aparello locomotor, partes do corazón, funcionamento específico do corazón e dos órganos da respiración en situacións de repouso e en situacións de exercicio físico; autorregulamento da intensidade do exercicio; hixiene postural; contidos máis específicos sobre a sangue e a doazón (vasos sanguíneos e as súas características, volemia, vasomoción, macrocirculación e microcirculación, caracterísitcas para doar, cómo doar, extracción, almacenamento do sangue...).

Aquí tedes unhas imaxes dalgúns materiais empregados:

PRIMEIROS AUXILIOS - RCP E SOPORTE VITAL BÁSICO.

Durante o mes de outubro o alumnado do IES Vilar Ponte aprendeu a actuar en diferentes situacións de emerxencia aplicando os primeiros auxilios: como colocar a unha persoa en posición lateral de seguridade, como facer RCP, manobra de Heimlich, protocolo PAS...

Ademais, o alumnado de 1º Bacharelato colaborou na "Semana dos Primeiros Auxilios" na que transmitiron á comunidade educativa a importancia de aplicar axeitadamente os Primeiros Auxilios e como actuar ante diferentes situacións de emerxencia.

CONFERENCIA SOBRE DOAZÓN DE SANGUE.

O 8 de xaneiro de 2024 estivo con nós Ana, membro de ADOS. Ofreceu no IES Vilar Ponte de Viveiro conferencias sobre doazón de sangue para 3º ESO, 4º ESO, 1º BACH e 2º BACH. Nestas conferencias, o alumnado puido coñecer o proceso da doazón de sangue, a necesidade de doar, a doazón por aférese, onde doar, o semáforo das reservas de sangue, campañas publicitarias...

Máis abaixo podedes ver algunhas fotos das conferencias no IES. 

Moitas grazas a ADOS pola vosa colaboración!

ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN E DIFUSIÓN.

Ao longo do curso fixemos no IES Vilar Ponte diversas actividades de difusión e concienciación co obxectivo de mostrar a importancia da doazón de sangue e que a sociedade de Viveiro e arredores se puidera achegar á Unidade Móbil o 6 de marzo.

Aquí temos unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 3º ESO na materia de Bioloxía na que traballaron dentro do sistema circulatorio sanguíneo:


- A doazón de sangue e as transfusións.

- A doazón de células nai embrionarias.

- A doazón de medula ósea.

- Actividade: lectura comentada e salpicada de preguntas do folleto de ADOS sobre a doazón de sangue (necesidade de doar sangue, que pode doar, o proceso de doazón, que se fai co sangue doado, función dos componentes sanguíneso) e posterior elaboración de xeito individual de cartaz para promover a doazón de sangue (debuxo e slogan).

Aquí podedes ver unha mostra dos traballos realizados:

ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN E DIFUSIÓN.

O alumnado de 1º de ESO traballou nas sesións de titoría sobre diversos contidos vencellados á doazón:


- Actividade 1: visualización varios vídeos sobre doazón de sangue e sobre doazón e transplantes e posterior posta en común.

- Actividade 2 : lectura comentada de cómic sobre a historia da doazón e dos transplantes.

- Actividade 3: lectura comentada e salpicada de preguntas do folleto de ADOS sobre a doazón de sangue (necesidade de doar sangue, que pode doar, o proceso de doazón, que se fai co sangue doado, función dos componentes sanguíneso) e posterior elaboración de xeito individual de cartaz para promover a doazón de sangue (debuxo e slogan).

Aquí podedes ver outra mostra do traballo realizado:

ONDE DOAR? A UNIDADE MÓBIL NO IES VILAR PONTE.

O 6 de marzo de 2024 estivo a unidade móbil de doazón de sangue no aparcamento do IES Vilar Ponte. O alumnado de 2º de Bacharelato visitou a unidade móbil para coñecer a estrutura-distribución, persoal, funcións...

Logo desta visita, a Unidade Móvil desprazouse ata o centro de Viveiro para facer a colecta na localización habitual.

Queremos agradecer a todo o alumnado polo seu traballo e o seu esforzo na difusión destes contidos ás súas familiais e demáis persoas do seu entorno familiar, social e deportivo, e queremos agradecer tamén ás institucións e ó comercio local pola súa axuda na difusión deste evento.

Máis abaixo podedes ver o cartaz, unha foto da unidade móbil no instituto, así como unha imaxes da difusión no Instagram da Biblio do IES.

Moitas grazas!!!

CONCURSO DE CARTEIS E CURTAS.

O alumnado do noso IES participou no concurso de carteis e curtas organizado por ADOS.

Dado que o concurso non fixo públicos os resultados do concurso, non podemos amosar aínda os traballos do noso alumnado.