LETRAS GALEGAS 2025
LETRAS GALEGAS 2025
As Letras Galegas 2025 na nosa radio escolar
Este ano as Letras Galegas homenaxean ás Cantareiras, símbolo da nosa tradición oral e da forza da voz colectiva das mulleres galegas. No noso centro quixemos sumarnos á celebración dándolle protagonismo á nosa lingua a través da radio escolar.
Xa podedes escoitar o noso podcast especial, no que participaron diferentes cursos con moita ilusión. E estamos especialmente orgullosos/as de anunciar que o traballo do alumnado de primeiro ciclo foi agraciado cun recoñecemento especial no programa!
Parabéns a todo o alumnado e profesorado pola súa implicación e amor polo galego!
O alumnado de 1º ciclo viaxa no tempo para coñecer ás Cantareiras!
O alumnado de primeiro ciclo preparou un podcast moi especial co gallo das Letras Galegas 2025.
Grazas a unha máquina do tempo, puideron facer unha viaxe fantástica ao pasado para atoparse coas Cantareiras, coñecer a súa música, a súa historia e descubrir a importancia da súa voz na cultura galega.
Non perdas esta aventura sonora chea de imaxinación, aprendizaxe e moito galego!
*Pincha na imaxe para escoitar o noso podcast
Este ano, co motivo das Letras Galegas 2025, os nenos e nenas de Infantil viviron unha experiencia máxica no noso colexio.
Mentres xogaban e exploraban, atoparon algo inesperado no pasabodeguiñas… ¡as nosas Cantareiras! Foi un encontro cheo de música, emoción e moita ilusión, onde puideron escoitar as súas voces e sentir a forza da nosa tradición oral máis viva ca nunca.
*Pincha na imaxe para escoitar o noso podcast
Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unha viaxe moi especial ata o Entroido de Vilanova, onde se cruzaron coas pandereiteiras nun encontro cheo de música, cor e tradición.
Inspirados por esa experiencia tan máxica, crearon un podcast espectacular no que recollen todo o aprendido e vivido, dándolle voz á nosa cultura dun xeito creativo e orixinal.
Non deixedes de escoitalo!
*Pincha na imaxe para escoitar o noso podcast