OS NOSOS CONTOS
OS NOSOS CONTOS
Para escoitar os contos debes tocar na icona do altavoz
Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa cosía, varría e labraba. Pepiño cantaba, folgaba e durmía. Mais un día
Maruxa decide dar unha lección ao seu marido. Astuta, e cunha gran habilidade no manexo da retranca, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
O contacto físico como mostra de afecto é imprescindible para o desenvolvemento emocional dos pequenos: dálles seguridade, favorece a súa autoestima e mellora a confianza en si mesmos e tamén nos demais. Neste aspecto, inciden tanto o conto de Armando Quintero Laplume como as imaxes de Marco Somá.