LETRAS GALEGAS 2026
LETRAS GALEGAS 2026
O alumnado do CEIP Ortigueira participou na creación de varios podcast dedicado ás Letras Galegas 2026, centrado na figura de Begoña Caamaño, xornalista e escritora fundamental da cultura galega.
Neste programa, elaborado integramente na biblioteca escolar, investigamos a súa vida e a súa obra, e recreamos unha entrevista radiofónica na que nos achegamos ao seu pensamento, á súa traxectoria e ao seu compromiso coa lingua galega e coa igualdade.
Estes podcast son o resultado dun traballo colaborativo no que o alumnado participou en todas as fases: busca de información, elaboración do guión, gravación e produción final.
🎧 Convidámosvos a escoitalos e a descubrir connosco a voz e o legado de Begoña Caamaño.