Teremos concentracións os xoves nos recreos para preparar as probas clasificatorias.
Comezamos os equipos cadete o 28 de novembro.
15/11/2024
15/11/2024
O equipo de Cros do IES achegámonos ata Cee para participar na fase zonal do campeonato galego de cros escolar o pasado día 16 de Xaneiro. O noso alumnado fixo unha gran carreira, pasando unha estupenda xornada de deporte e convivencia. Ademais clasificamos un equipo na categoría cadete masculino para o campeonato interzonal que se realizará en Noia o próximo 21 de febreiro.
O pasado 24 de Xaneiro o noso alumnado de 1º e 2º da ESO, compoñentes do equipo infantil de bádminton, desprazouse até Outes para plantar batalla con compañeiros e compañeiras da zona norte, resultando nunha gran mañá entre amigos!
O pasado 14 de febreiro foi o turno do noso alumnado de 3º e 4º da ESO, compoñentes do equipo cadete de bádminton, achegámonos a Outes para plantar batalla con compañeiros e compañeiras da zona norte, resultando nunha gran mañá entre amigos!
Parabéns a todas e todos os participantes, e en especial ao noso alumno Nick, clasificado para a fase intercomarcal!
O pasado 12 de marzo asistimos co equipo cadete masculino clasificado ao campionato de Cros Escolar Intercomarcal, celebrado en Noia no estadio municipal Julio Mato Matito nunha estupenda mañá.
Moitos parabéns a todas e todos os participantes, en especial ao noso alumno Brais que conseguíu a clasificación para a fase provincial!
O 8 de abril inauguramos a nosa semana cultural asistindo cos equipos infantil e cadete feminino e masculino ao campionato de Orientación Escolar Intercomarcal, celebrado en Noia no estadio municipal Julio Mato Matito nunha estupenda mañá.
Moitos parabéns a todas e todos os participantes, en especial ao noso equipo cadete feminino que conseguíu a clasificación para a fase provincial!
O pasado 23 de abril foi o turno do noso alumno de 3º Nick, clasificado do equipo cadete de bádminton, achegámonos a Outes para plantar batalla con compañeiros e compañeiras da zona norte, centro e sur resultando nunha gran mañá entre amigos!
E chegou o campionato provincial de orientación, que realizado o día 8 de maio en Porto do Son, pecha para ás nosas alumnas e alumnos a tempada XOGADE 24 25. O noso equipo cadete feminino clasificado enfrontouse a un percorrido moi técnico e esixente nas instalacións de Virxe de Loreto do que seguro sacan aprendizaxes e motivación para voltar na próxima tempada, parabéns polo traballo feito!