Un ano máis no IES Eduardo Pondal decidimos seguir camiñando no fomento dos hábitos de vida activos como base da saúde actual e futura do noso alumnado e da comunidade educativa, motivo polo que decidimos deseñar e levar a cabo este PVAD, que está conformado polas seguintes liñas de actuación:
Proxecto DAFIS. É un proxecto polo que se realiza unha valoración da condición física saudable do alumnado, emitindo un informe que permite comparar os resultados cos valores recomendados e cos valores medios do alumnado galego por cada grupo de idade.
XOGADE. O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado) cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia. Este é o camiño que segue a Secretaría Xeral para o Deporte cara a un deporte humanista, educativo e saudable.
PVAD: O formato aberto desta liña permítenos seguir a traballar en accións xa coñecidas polo noso alumnado como as pausas activas, a presentación de actividades ou o descubrimento das posibilidades da contorna. Pero tamén incluír novas que iredes vendo como os concursos, obradoiros de alimentación ou de toma de constantes vitais.
Alexandre Pérez (Educación Física - Coordinador)
Diego Lamas (Debuxo)
Germán Ramos (Matemáticas)
Eva Rodríguez (Procedementos sanitarios e asistenciais)
Susana Díaz (Bioloxía e Xeoloxía)