Despois da realización das probas do protocolo DAFIS de valoración da condición física saudable e analizando os resultados podemos indicar que o nivel de condición física saudable do alumnado avaliado é superior á media do seu grupo de idade, atopándose en xeran en niveis medios ou altos.
Se desgranamos un pouco os resultados podemos ver que son mellores nos items relativos á composición corporal que nos das probas de valoración da condición física. Dentro destes últimos os mellores resultados obtéñense na proba de prensión manual e os peores na proba de suspensión en barra. Sempre comparando coa mediana de xénero e grupo de idade.
Ao analizar os resultados por niveis académicos, os mellores resultados atópanse no 3º da ESO e os resultados menos positivos no 1º de Bacharelato.
Debemos concluír á necesidade de focalizar máis traballo de acondicionamento físico dirixido cara a forza do tren superior dentro das nosas propostas pedagóxicas, poñendo a ollada no alumnado de 1º de Bacharelato tanto que está a continuar estudos como que comeza esta etapa no noso centro.
Os valores cuantitativos da gráfica corresponden á realación do alumnado avaliado coa mediana correspondente co grupo de idade e xénero.