COMO MODERAR E ESTRUCTURAR A APRENDIZAXE
O camiño cara a aprendizaxe na aula virtual pasa por varias etapas. A primeira é de acceso e motivación: o alumnado familiarízase ca plataforma e o titor respóndelle inmediatamente. A segunda etapa é de socialización e intercambio de mensaxes: o alumnado comeza a traballar colaborativamente e o profesor vixía para facer comunidade online. Na terceira etapa continua este intercambio, pero o alumnado xa pescuda e traballa os contidos mentres o titor ofrece pautas e guía. Na cuarta etapa, a da construción de coñecemento, o alumnado gaña autonomía, debate e o titor propón temas clave motivadores. Finamente, no desenvolvemento o alumnado practica o asimilado mentres o titor promove o pensamento crítico, ofrece retroalimentación e avalía.
Vídeo: LINK