As tres preguntas que me saíron foron:
Como cres que se pode favorecer a interacción entre todos/as?
Acompañar o alumnado entra en contradicción coa súa autonomía? Que opinas?
Ocórreseche algunha boa práctica na plataforma de aprendizaxe que contribúa a fomentar a autonomía do alumnado?
E subín a miña resposta a Soundcloud
DECÁLOGO DE MONITORIZACIÓN
Se tivese que escoller tres ideas do decálogo para a monitorización serían estas:
Retomar un contido específico aínda que nos leve un pouco de tempo. Nos niveis C, por exemplo, non se pode asumir que cun repaso do pasado ao principio de curso xa chega.
Dar feedback individual (para fidelizar e dar confianza ao alumno. Sempre a través da corrección das tarefas e con coidado á hora de facer comentarios negativos) e colectivo (se é anónimo pode ser máis directo, pero sempre hai que aportar remedios. Non hai que criticar por criticar).
Poñer algunha tarefa de reforzo. Se non chega unha actividade para consolidar un contido, se debe dar algunha máis optativa presentada de xeito novedoso (cunha app, por exemplo).
A automonitorización sería un ideal, pero é difícil de levar á práctica, como tamén o portafolio.
Canto ás ferramentas, penso que debemos guiarnos polo número de intentos, tempo investido e mirar a frecuencia de conexión ao curso para ver como vai a motivación do alumno.
Compre reflexionar sobre a redacción e presentación das tarefas. Axuda moito traballar con outro profesor e tomar nota dos problemas nas distintas edicións dos cursos (os erros axudan moito).
LINK do video YOUTUBE: