Presentación persoal.
Son profesora de inglés na EOI da Coruña. Gústanme moito as novas tecnoloxías, aprendar cousas novas e facelo colaborativamente.
Se tivese que definirme en tres palabras sería inqueda, xenerosa e curiosa.
Traxectoria profesional/formación.
Antes de traballar na EOI, fun profesora de secundaria, corpo no que exercín só dous anos porque despois paseime para EOI. Estiven moitos anos por diferentes EOIs galegas ata aprobar a oposición en 2018.
Tamén son doutora en Filoloxía Inglesa. Desde sempre gustoume investigar e fago o que podo porque o traballiño é o primeiro;)
Filosofía educativa.
Creo nas novas metodoloxías aplicadas ao ensino e algunhas delas como a semipresencialidade, o flipped classroom e a aprendizaxe baseada en proxectos aínda teñen que crecer moito nos nosos centros.
Tamén entendo que coma ensinante de linguas, o xeito máis efectivo para que o alumno aprenda é a práctica e o contacto directo co profesor e con outros alumnos.
Obxectivos profesionais.
O máis inmediato é sacarlle o máximo partido a estas formacións para mellorar coma docente e a longo prazo gustaríame ver que os proxectos eTwinning lévanse a cabo en moitas EOIs galegas.
Características do meu alumnado.
Este ano que estou impartido C1, nos tres grupos de semi teño moito alumnado universitario e a algún docente universitario. A meirande parte deles escolleron esta modalidade pola comodidade de vir un día ao centro. Están respondedo bastante ben. O que me preocupa é que moitos están tan agobiados con outras cousas que non poden seguir o curso ao ritmo que deberían.
Experiencia avaliando ensino semipresencial.
Utilizo citerios semellantes ao baremo de certificación e tamén valoracións globais. O alumnado agradece moito as correcións con detalle. Fago avaliacións de diagnóstico e formativa ao longo do curso. Penso que é moi importante darlles feedback constante aos alumnos porque collen máis confianza en sí mesmos e acadan mellor os obxectivos.