Moi orgullosa das alumnas e alumnos de Debuxo Artístico , esta semana podedes gozar dunha expo na entrada do Ies As Barxas , con traballos realizados polo alumnado de 1 BACH , realizado con xiz sobre papel continuo negro , un exercicio clásico que veño realizando en Debuxo Artístico por estas datas para traballar o claroscuro , partindo do desenvolvemento e valoración das zonas de luz .
O tema: Os clásicos no cinema de terror
O noso agradecemento á dirección das Barxas por este agasallo de gominolas tan doce , así dá gusto traballar