DEBUXO ARTÍSTICO

1 BACH

Partindo das destrezas e dos coñecementos adquiridos polo alumnado na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, da educación secundaria obrigatoria (ESO), en bacharelato afondarase nas destrezas e no conceptos do debuxo como ferramenta do pensamento que participa no proceso creativo, comunicativo, plástico e visual, contribuíndo a adquirir as competencias necesarias para a formación permanente da persoa.

As materias Debuxo Artístico I e II achegan coñecementos teóricos, técnicos e estéticos, fomentando un pensamento diverxente. A aprendizaxe estética debe realizarse sobre bases teóricas e prácticas, fomentando a creatividade, o espírito de investigación e a formación permanente.

En Debuxo Artístico I, o alumnado traballa a materia de forma máis obxectiva, para dedicar o segundo curso a aspectos máis subxectivos, desenvolvendo o seu potencial creador orientado cara ás múltiples alternativas formativas artísticas máis acordes cos seus intereses.

Ao traballar de xeito creativo, o alumnado desenvolve a capacidade crítica aplicándoa ás súas propias creacións e ás dos seus compañeiros e as súas compañeiras; valora o feito artístico e goza del, sensibilizándose cara ao contorno para a satisfacción estética e como aspecto motivador para o seu desenvolvemento creativo, potenciando a competencia de conciencia e expresión cultural; debe coñecer os antecedentes artísticos e as achegas de artistas ao debuxo, ás artes plásticas e ao deseño, en xeral, a través da historia, e sobre todo a presenza e a función do debuxo nas manifestacións artísticas contemporáneas. O coñecemento da evolución e a súa valoración positiva do debuxo artístico como linguaxe expresiva e comunicativa reforzará as súas aplicacións nunha sociedade cada vez máis tecnolóxica e inmediata.

A materia de Debuxo Artístico nesta etapa debe proporcionar un panorama amplo das súas aplicacións, orientando e preparando para outras ensinanzas posteriores que o alumnado poida cursar, sexan artísticas ou tecnolóxicas, como base para a formación de profesionais creativos/as: ensinanzas artísticos superiores, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, belas artes e outras afíns; en definitiva, ensinanzas creativas nas súas múltiples facetas (interiores, moda, produto gráfico, multimedia, xoiaría, ilustración, deseño web, multimedia, etc.).

Debuxo Artístico I estrutúrase en cinco bloques de contido: "O debuxo como ferramenta", "Liña e forma", "A composición e os seus fundamentos", "A luz: o claroscuro e a textura" e "A cor".



  • CREA UN CARTAFOL DE DRIVE PARA ESTA MATERIA ( pon o teu nome e apelidos xunto o nome da MATERIA no cartafol)

  1. Ve a drive. google. com no teu computador.

  2. Fai click no cartafol que queiras compartir.

  3. Fai clic en Compartir .

  4. En "Persoas", escribe a dirección dos correos electrónicos cos que vas a compartir o cartafol: luzbelos@gmail.com, eduplasticaluzbeloso@gmail.com, audiovisualmorrazo@gmail.com, luzbelosorodriguez@gmail.com

5. UNHA VEZ CREADA ENCHER FORMULARIO, DATA LÍMITE 1 DE OUTUBRO:

. https://forms.gle/XuzkahZP837KHPH69