UNHA CURTA PARA VR

TAREFA -CREA O TEU GUIÓN PARA UNHA CURTA EN 360.

TEMAS: 

 " O BULLING" 

"IGUALDADE"  que defendadn a igualdade e a non discriminación, que axuden  a combater os estereotipos e fomentar a equidade de xénero. 

 "DIVERSIDADE"

" QUE LOITEN CONTRA A INTOLERANCIA"  


UN POUCO DE LECTURA , ANTES DE POÑERSE CO GUIÓN.

Os vídeos 360º permiten que vexamos todo ao noso redor, como se estivésemos no medio da acción. Podes ver isto en plataformas como Youtube, movendo a túa mirada co rato ou co móbil. Pero, para unha experiencia máis inmersiva, temos a Realidade Virtual (RV).

Na RV, usas visores especiais, como Oculus ou Playstation .

Unha diferenza clave é que, mentres que os vídeos 360º podes velos sen dispositivos especiais, a RV require un visor. Ademais, na RV tes grados de liberdade que definen os movementos que podes facer, como rotación horizontal ou traslación.

No guion de RV, a principal desafío é que o espectador ten liberdade para mirar onde queira, diferente dunha película normal. Como guionistas, tes que guiar esa atención para que a historia teña sentido. Podemos crear puntos focais ou sorpresas para manter o interese.

Na RV, o espectador pode sentirse como un actor máis, elixindo camiños na narrativa. Debemos decidir se o espectador é un observador ou un participante na historia. Tamén podemos cambiar de punto de vista, comezando externo e pasando a interno, por exemplo.

Para escribir un guión de RV,  dividimos o espacio ao redor da cámara en partes.



 Cada escena describe onde ocorre a acción nese espazo 360º. As accións dos personaxes tamén se relacionan coa dirección na que veñen con respecto ao espectador.

Na RV, o espectador ten máis control, e os guionistas deben guiar esa experiencia de maneira creativa.

Nunha película de realidade virtual, a diferencia dunha película normal, temos que considerar varios  planos: frontal, posterior, dereita, esquerda, arriba e abaixo. É como se a acción puidese estar a suceder en varios  lugares diferentes ao mesmo tempo.

Algúns guionistas usan propostas que dividen a escena en catro cadrantes codificados por cores. O punto central é a experiencia principal, e hai dous eixos adicionais para a acción que ocorre por enriba ou por debaixo da experiencia. A cada cadrante podes darlle unha cor diferente , polo tantoo texto do guión escríbese con cores diferentes segundo involucre acción, son ou diálogo dun cadrante concreto.

A cámara nunha película de 360 graos captura todo o seu arredor. O equipo de filmación ten que ser creativo para que non se vexa a iluminación, son ou a propia cámara. 

O espectador nunha película de realidade virtual xa non é un observador pasivo, está inmerso no mundo da película. O espectador agora ten un papel activo, non só observa, tamén axuda a guiar a acción. Isto supón un reto para os guionistas, xa que deben contar unha historia que involucre ao espectador activo e ter en conta que a acción pode estar a suceder en seis planos diferentes.

A narrativa para a realidade virtual aínda está a ser definida, e os guionistas son os pioneiros que están a dar forma a esta nova forma de contar historias. 

É un momento único na historia, onde os guionistas poden explorar novas maneiras de contar e involucrar ao espectador nunha experiencia inmersiva.

TI PODES CAMBIAR A HISTORIA DO CINE  NESTA NOVA AVENTURA!



EXEMPLO DE CURTA 360º MADE IN BARXAS

1- IDEAS...

Enfrentando o Bullying e a Intolerancia na Aula"

ESCRIBE VARIAS IDEAS PARA REALIZAR A TÚA CURTA 360 º NA AULA DE PLÁSTICA 

Traballaremos na aula o  teu propio guión para unha curta de realidade virtual ( en galego), o observador que sufre unha situación de intolerancia e comparte as túas emocións , conta distintas situacións de  bullying poñendote na pel do que sofre a situación.  (5 situacións diferentes)

CONSELLOS

Esto é unha oportunidade para expresar a túa voz e facer que os demais comprendan as dificultades da intolerancia e o bulling. ¡Adiante,!


2 OBSERVA UN EXEMPLO DE GUIÓN 360 PARA VR

Para crear o noso guión , necesitamos catro cores , cada un representará un espazo diferente.

Partimos de que a cámara está no centro do círculo e describiremos con cada cor o que sucede á nosa dereita, esquerda , detrás ou diante da cámara

2 PLANIFICAMOS


DEBUXAMOS UNHA PLANTA DE CÁMARA PARA A NOSA CURTA.


Unha planta de cámara é basicamente un esbozo cenital do lugar onde transcorre a curta. Serve como axuda para realizar o bloqueo de escena porque permite ver desde arriba as posicións e movementos dos personaxes , o set e as luces .

Planta de cámara por: "Aprender cine" ver ligazón : https://aprendercine.com/planta-de-camara-como-se-hace/


Na ligazón podemos descargar a aplicación Shot Designer para planificar.Ten   versión gratuita, e  a versión completa de pago. 

Shot Designer,  e se non cun lapis e un papel tamén podemos facelo.

https://www.hollywoodcamerawork.com/shot-designer-download-confirm.html?download=https://releases.hollywoodcamerawork.com/sd/1.70.2-66ce8e21/Shot%20Designer%201.70.2%20Installer.dmg