O NOSO LOGO

TAREFA:

  CREAR UN LOGO PARA AS NOSAS CURTAS EN  360

Lembra o nos LOGO ten que ser CIRCULAR


1 parte  . BOCETOS

Pasos  a seguir para crear un logotipo que reflicta a imaxe da nosa productora 360 

Información: Debemos coñecer de que vai o  noso proxecto, para quen se vai a proxectar e en que medios van reproducir ademais de por suposto, decidir que nome lle daremos

BARXAS 360?? OU BARXAS VR?? decide tí.

 Ter o nome do servizo ou produto claro desde o principio é moi importante .

Agora deberedes de crear un logotipo para a nosa productora, que teña:

– Tipografía (letras)

– Icona (imágen)

– Slogan (lema publicitario)

Exemplos de Slogan:

Nike: Just do it

McDonald: I love it

Coca-cola: A aunténtica

Adidas: Imposible is nothing

Lembrade que deberedes de facer tantos bosquexos como sexan necesarios (mín. 10) ata conseguir o que máis se achegue ao voso produto. Os bosquexos tamén mos debedes de ensinar.

Ánimo e a por o logotipo máis orixinal!!!


Bosquexo: Comezamos creando o bosquexo. Bocetamos a lapis e papel todas as ideas que se nos vaian ocorrendo para o noso logotipo. Hai que crear tantos bosquexos como ideas teñamos e nunca quedar nada no tinteiro. Tamén se bocetan as fontes, así axudamos a filtrar conceptos e a separar boas ideas das malas. Ás veces temos 10 bosquexos, outras veces 50, pero cando os pegamos na parede e imos quitando as ideas que non nos gustan, acabámonos quedando cos 5 mellores bosquexos que poden dar lugar ao noso logotipo. Este proceso é algo tedioso pero recompensarase ao final do traballo.

Entregamos os BOCETOS  por correo a audiovisualmorrazo@gmail.com antes do 16 de MAIO.


2 PARTE  , LOGO DEFINITIVO 


 Trasladámonos desde os bosquexos ata un programa ONLINE, na rede temos moitos gratis para xerar logos

e damoslle os Retoques finais: Pódense crear pequenos detalles nos nosos logos, por exemplo: logos con brillos, sombras e efectos para variar un pouco o logo orixinal, aínda que o mellor é crear logos simples que reflictan a imaxe do servizo, produto ou empresa de maneira directa e que sexan compatibles e accesibles por todo o mundo.


Desde  CANVA https://www.youtube.com/watch?v=2ALUwe5k0VQ

CANVA NA LIGAZÓN https://www.canva.com/es_es/logos/?utm_source=google_sem&utm_medium=cpc&utm_campaign=es_es_all_payback-generic_logo_lower_rev_roas_em&utm_adgroup=es_es_all_payback-generic_free-create-logo_lower_rev_roas_em&utm_keyword=crear+logotipo+gratis&gad_source=1&gclid=CjwKCAjw0YGyBhByEiwAQmBEWod3HJJjFN7FtORzgQea5YejyjsrjV_2HLpvWEqfKjls0F3W3AVMIhoCxlIQAvD_BwE&gclsrc=aw.ds


EN LOGOMAKER https://logo-maker.freelogodesign.org/es?_gl=1*o1rfsg*_ga*MTUzMjg5NDA0My4xNzE1NTAzMjg2*_ga_0PR6284HMM*MTcxNTUwMzI4Ni4xLjEuMTcxNTUwMzI4OS42MC4wLjA.


con PHOTOPEA https://youtu.be/qN2OiGEIG7g?si=f46fqkyNUXsmf89A

ENLACE A PROGRAMA https://www.photopea.com


OU INCLUSO GIMP no TEU COMPUTADOR , CO QUE XA TRABALLAMOS NA 1 AVALIACIÓN.

Se non queres traballar dixitalmente tamén podes darlle cor cos teus lápices de cores, témperas  ou rotuladores e entregar unha obra orixinal en DIN A 4  

Fotografia e envía o teu logo definitivo a   audiovisualmorrazo@gmail.com ANTES DO 23 DE MAIO