Memorizar os apuntamentos forma parte do pasado, ademais os resultados non adoitan ser moi bos. Por sorte, existen técnicas de estudo que axudan a potenciar a aprendizaxe e en consecuencia o rendemento. A continuación propoñémosche unha serie de técnicas que che axudarán a reter maior cantidade de información, comprender o que estás a estudar e a conseguir bos resultados..
A concentración é a capacidade que teñen os seres humanos de fixar a súa atención nunha tarefa e poder render adecuadamente durante un tempo determinado sen distraccións. A falta desta capacidade é algo habitual e en moitas ocasións preguntámonos como mellorar a concentración.
O seu principio fundamental é que somos máis produtivos e concentrámonos máis facilmente cando traballamos en bloques de tempo breves e intensos (« pomodoros») acompañados por pausas moi breves