Coidámonos cos cinco sentidos

No pasado curso 2022/2023 o CRA Ponte da Pedra iniciou un proceso de reflexión sobre os coidados, no sentido máis amplo da palabra, co galo da celebración do 25 de Novembro. Quixemos vincular os coidados cos cinco sentidos, abrindo estes ás diferentes experiencias e sensacións que nos fan sentir coidados e coidadas, pero tamén autocoidados/as. Este proceso abriu cuestíóns como:

E un sinfin de preguntas que se foron traballando nas aulas e cuxo producto final foi a exposición interactiva "Coidámonos cos cinco sentidos" realizada no Pazo da Cultura de Carballo, aberta a toda a comunidade educativa.

Este ano, dende a nosa Biblioteca, iniciamos o noso primeiro Proxecto Documental Integrado (PDI) como unha continuación deste traballo nas nosas escoliñas, e tamén como excusa para incorporar a pedagoxías dos coidados ás aulas de xeito permanente, desenvolvendo un traballo competencial e transversal. 

Para isto, a Biblioteca será a nosa aliada fundamental, entendida esta como un espazo para o encontro, a información e a aprendizaxe. Pretendemos tamén aportar o noso grao de arena para contribuír ao desenvolvemento da axenda 2030, especialmente os ODS 3: Saúde e benestar, ODS 5: Igualdade de xénero e ODS 13: Acción polo clima .

A nosa viaxe dividirase en tres etapas, iniciándose no autocoidado ("Coido de min") para logo ir aprendendo a coidar ás demais persoas ("Coido de ti") e finalmente revalorizar a importancia dos coidados comunitarios e do planeta ("Coidámonos"). Todo isto, a través dos nosos cinco sentidos: sentirmos ben, sentirnos cómodas, sans e felices para así lograr un mundo un pouco mellor. 

Acompáñasnos?

A que nos referimos cando falamos da "pedagoxía dos coidados". Explícanolo neste documental da ONG Intered (en euskera, con subtítulos en castelán).