Coido de ti

PALABRAS PARA QUENTAR O CORAZÓN (Dia da paz e non violencia)

Nos días de inverno quentamos o noso corpo cunha mantiña,unha infusión ou unha sopa quente. Pero con que quentamos o noso corazón? As nenas e nenos do CRA conmemoramos o Día da paz e non violencia facendo un agasallo á comunidade, palabras que nos fan sentir ben, confortables, que nos quecen a alma. Agrupámonos entre as diferentes escolas nunha xornada de convivencia na que intercambiamos palabras que nos gusta escoitar e que pensamos que nos axudan a mellorar o noso día a día. Para espallar esta calor ao resto de persoas, colocamos estas palabras nuns botes repartidos por diferentes establecementos do concello de Carballo, coa esperanza de facer sentir ben á quen as recolla. 

Nestes tempos nos que diferentes guerras e conflictos inxustos cubren as portadas dos nosos xornais, queremos lembrar que só a palabra pode ser o camiño para o entendemento e a paz. 

Xogos de amor e amizade para aprender a coidar ás demais

Nas aulas de psicomotricidade tamén aprendemos a coidar das demais persoas a través de diferentes xogos e dinámicas onde o traballo en equipo e cooperativo é fundamental.  Masaxes, diferentes tipos de apertas e caricias, ioga en parellas... Deixámosvos unha escolma de imaxes dalgunhas destas actividades que tan ben nos sentan!