Coido de min

ALIMENTACIÓN SAUDABLE🍎

MERENDAS SAUDABLES NO OUTONO

Nas diferentes escolas que forman o CRA, damos á benvida ao outono coñecendo os diferentes froitos desta época e fomentando unha dieta saudable acorde aos ciclos anuais da natureza. Descubrir, experimentar, cheirar, palpar, saborear... empregamos os nosos diferentes sentidos para vivir unha experiencia completa e de vida práctica, na que o propio alumnado prepara as súas merendas e desfrútaas en grupo: 

MERENDAS TERRORÍFICAS (PERO SAUDABLES) NO SAMAÍN

O alumnado das diferentes escolas do noso CRA elaborou ao longo do 31 de outubro -co galo da celebración do Samaín- diferentes merendas "terroríficas". Pero, ollo! ata os seres máis monstruosos precisan levar unha dieta sá e equilibrada, por iso as nosas merendas foron terroríficas pero mooooi saudables! 

Escola de Artes

Escola de Rega

Escola de Verdillo

Escola de Rega

PASTEL DE CABAZA E NOCES

Outro exemplo de como incorporamos hábitos de educación saudable ao tempo que desenvolvemos as diferentes competencias: na escola de Verdillo elaboramos un biscoito de cabaza e noces sen ovo, tarefa integrada na que desplegamos habilidades como selección de ingredientes, redacción da receita, pesar, trasvasar, misturar, bater... e degustar!

COIDADO DO MEU CORPO 🤸

coidamos o nosO corazón

Nas aulas de psicomotrocidade/educación física traballamos de xeito lúdico hábitos de vida saudable para coidar o noso corazón:

COÑECENDO O NOSO CORPO 

Nas áreas de psicomotricidade e de ciencias, seguimos coñecendo o noso propio corpo, tanto por fóra (esquema corporal)como por dentro (aparato locomotor, sistemas e órganos) con diferentes actividades. O autocoñecemento permítenos aprender a coidarnos mellor:

BENESTAR EMOCIONAL🧘🏽‍♀️

ELABORACIÓN DE BOTES SENSORIAIS DO OUTONO

O benestar emocional é indispensable para ter unha vida saudable e plena. O control e xestión das emocións forma parte tamén da aprendizaxe cara o auto-coidado, así como a búsqueda de estratexias para calmarnos e relaxarnos. As escolas de Rega e Mirón, elaboraron uns botes sensoriais de outono nunha xornada de convivencia, na que ademais de elaborar estes botes relaxantes, aproveitaron para intercambiar experiencias e compartir con outros amigos e amigas:

SAÍDAS Á CONTORNA

Outra das áreas fundamentais para o noso benestar é a da actividade física e o contacto coa natureza, por iso dende as nosas escolas favorecemos e realizamos saídas á contorna nas cales aprendemos a sentir, conectar e disfrutar do exterior. Alén das paredes das nosas escolas tamén temos moito que aprender! As seguintes imaxes corresponden á segunda convivencia das escolas de Xoane e Cances, coñecendo os bosques da parroquia de Goiáns. 

Na escola de Artes fixemos unha saída á unha leira cercana a escañotar e a esfollar o millo  coa axuda do avó dunha alumna da escola. Despois de esfollalo fixemoslle un nó coa carrupa a cada espiga e avó axudounos a colgalo no patio cuberto para airear para mais adiante poder debullalo:

SOLOVIO ARREDOR DE SI

Solovio é o produto final do proxecto da escola de Sísamo incluído no PDI da biblioteca de centro. Partimos dunha silueta que semella dunha nena para abrir as reflexións e o debate sobre se a figura é un neno ou unha nena. Ao final, chegaron á conclusión de que era un neno e así o decoraron.

Noutra sesión reflexionamos sobre o que precisamos para coidar de nós mesmos. Resumimos as ideas propostas nos seguintes enunciados:  


Iniciamos esta andaina no benestar emocional. Como nos sentimos? Que é o benestar emocional? Que emocións coñecemos? Enumeramos as emocións e conversamos sobre situacións das nosas vidas nas que nos fan sentir así: ben e mal... Estas son as palabras máis repetidas cando respondemos ás preguntas sobre como nos sentimos? 

Coa intención de ampliar o vocabulario emocional e axustar as nosas respostas ao que sentimos en realidade, decidimos investigar sobre que outras emocións hai dentro de cada unha das básicas. A intención é identificar cada emoción que podemos sentir e darlle un nome para poder actuar e atallar calquera das súas manifestacións.