Todo o profesorado, alumnado e persoal do centro é usuario/a da biblioteca.
Os familiares que o soliciten poden ter carné da biblioteca e levar os materiais que precisen. Deberán solicitalo persoalmente no centro ou por correo electrónico.
Co carné poderanse levar ata tres materiais durante un período de 1 mes..
O catálogo está en rede, pode ser consultado dende calquera ordenador. Na biblioteca hai un para facer consultas de catálogo.
O profesorado que o precise pode levar prestados materiais para traballar na aula.