A biblioteca é un laboratorio de aprendizaxe a disposición do alumnado, profesorado e familias do centro. Para que este centro de recursos funcione correctamente todos os seus usuarios/as deberán ter en conta algunhas cuestións.
Os recursos pódense empregar neste espazo ou nas aulas. O profesorado deberá solicitar o material ao equipo de biblioteca para xestionar os préstamos.
O mobiliaro pódese mover e colocar doutro xeito, mais, ao rematar unha actividade, deberá quedar colocado como estaba antes de comezar.
De igual modo, todo o material empregado nunha sesión ou no recreo deberá ser colocalo no seu lugar.
Os ordenadores e as tabletas deberán gardarse no moble branco e quedar conectados/as aos portos de carga.
A biblioteca é un espazo para compartir. Sempre que sexa posible poderán estar dúas ou máis aulas xuntas facendo actividades diferentes.
A biblioteca poderase utilizar para facer obradoiros ou levar a cabo charlas.
Hai un portátil conectado ao proxector.
A pantalla multitáctil tamén se pode empregar para proxectar.
Todos os estantes así como as mesas e as gradas teñen rodas. Se se desexa mover as gradas, en primeiro lugar, hai que levantar os freos; unha vez situadas no lugar desexado, deben accionarse os freos novamente.
O alumnado poderá sentarse nas cadeiras (28), nos tallos (10), nas gradas (10), no chan ou nos pufs. Se non chegan estes postos, poderanse subir cadeiras que están gardadas nun carro no soto.
A persoa ou persoas que organicen a actividade deberán encargarse de colocar todo antes e despois da actividade.