Como todos e todas queredes levar unha vida o máis saudable posible, deberedes realizar unha búsqueda coa intención de recoller información sobre a maneira de levar unha vida saudable para poder continuar coa realización do proxecto, á vez que para ir interiorizando os contidos. Dito isto, a información máis relevante para este tema e a que tamén vos axudará na busca, aparecerá nos enlaces que vos proporcionamos a continuación:
Posteriormente, a partir de toda a información que recollistedes, deberedes realizar unha breve presentación onde expoñades de forma clara e sinxela a vosa investigación para todos os compañeiros e compañeiras da aula.
Finalmente, realizaranse pequenos grupos de mínimo 4 persoas á vosa elección, con todo o material de investigación que obtivestedes realizaredes un xogo de mímica na aula, no cal, tamén participará o docente coa finalidade de garantir a participación, o respecto e a colaboración. Isto, presenta un obxectivo claro: compartir con todos os compañeiros/as os coñecementos adquiridos, propoñer recomendacións persoais que axuden a levar uns hábitos máis saudables e a súa vez, disfrutar de todo o aprendido.
Para asegurar que todo se realiza con éxito, é imprescindible a colaboración de todos e todas!