Esta Web Quest foi elaborada para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.
A tarefa proposta afonda nos contidos curriculares desenvoltos no bloque 2 (O ser humano e a saúde) de 5º e 6º de Ed. Primaria na asignatura de Ciencias Naturais.
A temporalización estimada son 4 sesións:
1º sesión: Presentación da WebQuest, formación dos grupos e comezo do traballo coa primeira actividade
2º e 3º sesión: continuación da primeira actividade e realización da segunda.
4º sesión: finalización da WebQuest realizando a 3º actividade
Os contidos traballados a través desta WebQuest son os seguintes:
Saúde e enfermidade.
Principais enfermidades que afectan aos aparellos e sistemas do organismo humano.
Hábitos saudables para previr enfermidades.
Trastornos alimenticios.
Efectos nocivos do consumo de alcohol e drogas.
Tipos de dietas. Elaboración de menús saudables. Clasificación de alimentos.
Os obxectivos curriculares relativos aos bloques citados anteriormente son os seguintes:
a) Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar os dereitos humanos, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
c) Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflitos que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan.
d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais, a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e vinculados con Galicia.
k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas, respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.
m) Desenvolver as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como unha actitude contraria á violencia, aos prexuízos de calquera tipo e aos estereotipos sexistas e de discriminación por cuestións de diversidade afectivo-sexual.
As competencias básicas traballadas son:
1º. Comunicación lingüística (CCL).
2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
4º. Aprender a aprender (CAA).
5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).
Autoría: Carolina Álvarez Giménez, Antonio Atanes Gómez, Carlota Bermejo Pérez, Juan José Díaz Nieves
E-mail: delincuentesCACJ@gmail.com