Proceso
Proceso
Buscar e seleccionar información sobre prácticas saudables con axuda dos enlaces proporcionados.
Sintetizar a información nunha presentación onde poderedes empregar distintos recursos (Power Point, Prezi, Canva, etc.). Esta presentación será un recurso de apoio que vos servirá de axuda á hora de realizar a mímica de actividades.
Este paso consiste en realizar un xogo de mímica, cuxa dinámica explicamos máis abaixo.
Dentro de cada grupo sairá un compañeiro a representar mediante mímica un dos hábitos saudables sobre os que investigastedes (para isto necesitaredes apoiarvos na información que tendes recollida e sintetizada na presentación), os demáis grupos terán que adiviñar de que se trata e o primeiro que o consiga gañará un punto.