OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

Orientacións

Pautas de articulación:

  • Empregar unha linguaxe clara e adulta, adaptada á idade do neno/a, sen abusar de diminutivos e palabras infantís e introducir palabras novas para enriquecer o seu vocabulario.
  • Non ser excesivamente correctores, non rir, regañar nen facer repetir a fala polos seus erros; o mellor é repetir o que dixo de forma correcta para que oia o modelo adecuado. Por exemplo, se di: “o xogo está rompido”, nos podemos preguntar “está roto o xoguete?”. Ou se di: “teño medo ós datos”, podemos dicir “non teñas medo ós ratos”.
  • Intentar que o neno/a non perciba que “pronunciar mal” é un problema importante; non debemos angustiarnos para que eles tampouco o fagan. Falar ben non é só “pronunciar ben”, senón unha ferramenta que permite comunicarnos e socializar.
  • Fagan preguntas que non poidan contestar “si” ou “non” ou sinalando, senón cunha palabra ou frase. Por exemplo; se preguntamos “vamos ó parque?” , o neno/a só poderá contestar Sí ou Non. En cambio, se preguntamos “vamos ó parque ou quedamos na casa?” ou “que queres facer hoxe pola tarde?”, o neno ou nena terá que contestar cunha palabra ou frase.
  • Dar tempo. Non interrumpir cando nos conten algo, nen anticipar a súa resposta aínda que lle leve un tempo responder. Escpitar ós vosos fillos e fillas fará que eles aprendan a escoitar ós demáis.
  • Facilitar xogos de sopro: muiños de vento. frautas, armónicas, palliñas, pompeiros…

Faino tí mesmo

Espantapantasmas

Armónica

Barquiño de papel

Veleiro