OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

Avaliación

Durante o mes de xuño levouse a cabo unha avaliación a todo o alumnado das aulas de 6º de Infantil no que se fixo unha exploración da fala espontánea cunha proba de denominación de debuxos (Rexistro fonolóxico inducido). Tomando referencia os resultados desta proba podemos identificar aqueles alumnos/as desta idade que precisan facer unha valoración e/ou intervención ó inicio do vindeiro curso. Esta avaliación é una observación que complementa a realizada nos Obradoiros de estimulación da linguaxe oral en todas as aulas Ed. Infantil.