OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DE LINGUAXE ORAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

INTRODUCIÓN

Un ano máis levouse a cabo en Educación infantil o Programa de estimulación e prevención de alteracións da linguaxe oral cun obradoiro dunha sesión semanal.

O obxectivo deste programa non é outro que detectar dificultades na linguaxe oral do alumnado e poder previr futuras alteracións.

Ademáis, con este obradoiro perseguimos estimular o desenvolvemento comunicativo na poboación escolar, favorecendo o desenvolvemento dos procesos de expresión e comprensión lingüística e dos compoñentes da linguaxe.

A continuación podedes ver unha mostra das actividades e materiais utilizados no obradoiro.