Que é Nas túas mans?
Que é Nas túas mans?
Este é un proxecto de oración católica que pretende a participación da comunidade desde a sinxeleza e con poucos medios. As oracións fanse con materiais compartidos e as voces están gravadas co móbil, non pretende ser un gran medio de comunicación senón un humilde xeito de compartir.
Acabamos de empezar, sabemos do pequeno do noso esforzo, pero sabemos que a Deus lle gustan os pequenos. Se queres colaborar, necesitamos mans, voces, ideas e moito amor para compartir.