Por que estamos aquí?
Por que estamos aquí?
Os cristiáns deben ser recoñecidos pola alegría e polo afán de compartir e ese é o noso obxectivo. Desde Pentecoste, habemos de loar a Deus en calquera lingua, na nosa tamén. Esta é só unha ferramenta máis para compartir e facer comunidade.
De momento somos poucos, como aprendimos dos apóstoslos, hai que sementar. Esperamos ir aumentando o equipo para compartir traballo pero tamén para gozar da ledicia de sentirnos parte da nosa Igrexa.
Se queres aportar a túa voz, compartir oracións, axudar na difusión, facer as montaxes de audio, aportar a túa música ou calquera cousa que creas que pode formar parte deste proxecto, estamos desexando coñecerte.