OBXECTIVOS.
COMPETENCIAS
1. Competencia lingüística:
A través do descubrimento dos mitos, contos e lendas o alumnado aprenderá a facer resumos, esquemas, redaccións... adecuados a súa idade. Traballarase en todo momento unha lectura comprensiva e motivadora.
2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía:
O alumnado familizarase cos conceptos e procesos científicos, realización de gráficos como por exemplo os signos do zodiaco, datas de cando sucedeu, tipo de numeración de outros países, tamaños dos dragóns, polifemos... e outros seres fantásticos. Resolución de problemas e estratexias que se poidan utilizar. Traballo coas formas xeométricas, distancias e a numeración.
3. Competencia dixital:
Fomentarase a utilización das TIC durante a procura de información para o proxecto, así como o desenvolvemento do pensamento crítico, que axude ao alumnado a seleccionar fontes de procura fiables, para despois incorporar a información aos seus traballos. Tamén poderemos visionar a súa realidade e ver obxectos reais coma esfinxes, momias, mapas... para contextualizar. Concienciarase na utilización das TIC de xeito seguro e ensinarase o uso dalgunha aplicación para desenvolver algún dos produtos do proxecto ( IMOVIE, CÓDIGOS QR). Tamén se iniciarán no manexo da impresora 3D e como apoio de recursos realia (obxectos reais).
4. Aprender a aprender:
Trataremos que o alumnado teña un espírito crítico, que teña ansia por aprender e ampliar os seus coñecementos. Utilizaremos diferentes estratexias e recursos que permitan aos alumnos/as a planificar a súa aprendizaxe . Na procura da información necesaria para o proxecto aprenderá a realizar esquemas, mapas conceptuais, entre outras, tamén o alumnado será consciente de como se programa unha investigación.
5. Competencias sociais e cívicas:
A interdependencia dentro do proxecto, tanto a nivel de aula, como a nivel de centro, fomentará o respecto polo traballo dos demais e a colaboración/cooperación no traballo conxunto. Ao mesmo tempo trataremos de observar os comportamentos que tiñan entre eles, facendoos críticos ante aquelas que a sociedade de hoxe en día non permitiría ( comportamentos sexistas) e o papel da muller naquela época.
6. Conciencia e expresións culturais:
Algunhas das actividades consistirán na elaboración de pequenas exposicións dos traballos realizados e do material achegado polas familias. Valoraran a importancia dos expertos que veñan dar charlas ou das persoas maiores que coñecen moito e que eso non está escrito en ningures.Representaranse obras teatrais que incentiven a lectura e o gusto polas dramatizacións. Elaboraranse diferentes obras plásticas que reforcen o interese pola utilización de diferentes técnicas artísticas e pola cultura, facendo fincapé nas da zona.
7. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor:
Co alumnado de 6º de E.P. elaboraranse produtos relacionados coa mitoloxía e o seu mundo coa impresora 3D, que logo formarán parte dun feira que eles/as xestionarán coa axuda do titor, nunha xornada ao longo do proxecto. Tamén na organización das exposicións e visitas externas que puidesen recibir os produtos elaborados no proxecto.
Elaborouse unha programación de plastica conxunta para educación primaria.