RECOLLIDA DE LENDAS DA ZONA.-
CEIP CANOSA-RUSEstimadas familias: O Proxecto Documental Integrado no que traballaremos este curso, que titulamos Lendario, trata sobre mitos e lendas. En Galicia, conservamos moitas lendas relacionadas con árbores, fontes, mámoas, castros, brañas… Bergantiños, a nosa comarca, non é allea a estas “historias” que pretenden atopar unha explicación a algún fenómeno que escapa, ás veces, a unha comprensión racional e que foron transmitidas de xeración en xeración.Este curso, desde o EDLG, intentaremos realizar unha recollida desta información , que aínda atesouran os nosos maiores, e na que o noso alumnado terá un papel moi activo, ao seren eles os que pregunten ás súas familias ou aos veciños. Por exemplo poden preguntar sobre a braña (cidade asolagada), o pozo negro ( na Braña ), a pedra do adro da igrexa de San Sadurniño, algunha lenda sobre a mámoa da Peniqueira ou do castro de Ouxas, as fontes con augas curativas, historias sobre a peregrinación a San Andrés de Teixido…..Agardamos que sexa un traballo que lles interese e ilusione e que nos axude a ver o territorio no que vivimos envolto en fantasía ao tempo que colaboramos a conservar este importante patrimonio inmaterial.Poden escribir neste mesmo folio e entregalo aos titores/as , a poder ser, durante este 1º trimestre.Moitas grazas pola súa colaboración. A dirección e EDLG Erbecedo, a 24 de outubro de 2017
CERTAME LITERARIO: Os contos, cómics, debuxos do concurso que orgaaniza o EDLG con colaboración da biblioteca estaban cheíños de personaxes mitolóxicas.