FEITO CON XEITO.-

Desde o noso recuncho feito con xeito tamén deixou pegada o noso PDI. Estudamos a lenda do tamgran e do axedrez, construímos a espada de Escalibur no lego de parede, usamos a mesa de luz para facer un planetarium e escribir personaxes mitolóxicos, utilizamos a impresora 3D, fixemos paneis de lenda para os escornabots, investigamos co microescopio se as fadas nacían das flores......