Segundo trimestre

Recompilación do traballado no segundo trimestre


Actividades de Entroido. Diafrazámonos de inventos e de inventores.


Entroido 2022

Despois de seguir durante toda esta semana de entroido os mandatos de Birlo co seu "MandaBirlo", sen esquecer o PDI "Os inventos que cambian o mundo". Rematamos o venres disfrazándonos de inventos ou inventores.

Comprobade con que enxenio creastes os vosos disfraces.

Algúns exemplos de creatividade, á hora de inventar disfraces.

Día da Muller 8 de marzo: "Mulleres científicas e inventoras galegas".


Día da Muller 2022

  1. Buscamos e investigamos sobre mulleres galegas científicas e inventoras: época na que viviron, importancia dos seus traballos...

  2. Cubrimos unha ficha en forma de peza de puzzle cos datos mais relevantes dos atopados. Formamos un puzzle na porta de cada clase.

  3. Cada grupo elixiu a unha para nomear a súa aula.


Día Mundial da Radio 2022. 13 de febreiro.

O alumnado de 5º imaxinaron unha entrevista con Ángeles Alvariño, unha científica que foi a primeira en incomporarse a un barco oceanográfico.

Recompilación dos traballos de aula realizados no segundo trimestre.


A Televisión 1º curso


A televisión_1⁰ curso.pdf

A Televisión

O alumnado de 1º curso investigou sobre a televisión.

Reflectindo oa prendido nun traballo de plástica, reciclaxe e colaboración.

A Imprenta 2º curso


A imprenta_ 2⁰ A.pdf

A Imprenta. 2º A

O alumnado de 2º A investigou sobre a invención e evolución da imprenta e o seu inventor.

Recollendo o aprendido nun mural colaborativo.

A imprenta_2⁰B.pdf

A Imprenta. 2º B

O alumnado de 2º B investigou sobre a invención e evolución da imprenta e o seu inventor.

Recollendo o aprendido en pequenos textos escritos, nos que resumiron e explicaron o aprendido.


A Imprenta de 2º B


Despois de recollido todo o investigado, puxéronno en práctica construíndo a súa propia imprenta.


A Radio 3º curso


A radio. Terceiro Curso.pdf

A radio

Traballo de investigación sobre a historia da radio: invención, evolución, usos...

A radio

Despois do traballo de investigación sobre a radio. O alumnado de 3º fixo un programa de Radio Sequelo contándonos a historia do medio.

A Prensa escrita 4º curso


A prensa escrita

Ao alumnado de 4º curso correspondeulle investigar sobre a prensa escrita.

Esta é a recompilación do seu traballo, recollida con Genially.

A prensa escrita

Complementando o traballado realizaron unha entrevista para a Radio Sequelo á xefa de prensa do Concello de Marín, na que puderon coñecer, entre outras moitas cousas, a función que ten "unha xefa de prensa" dun determinado organismo.

A prensa escrita 4⁰.pdf

A prensa escrita

Libro final do traballado para prensa escrita.

O Teléfono 5º curso


Día Internacional da Poesía: "Poemas ao teléfono"

A través dos teléfonos e por mensaxes de voz os alumnos de 5º envian para celebrar o día mundial da poesía 24 poemas galegos. O teléfono un dos inventos que axudou a cambiar o destino da humanidade e que estamos traballando no noso PDI.




Visita ao Museo do Mar de Marín

Como complemento ao traballo de investigación do alumnado de 5º sobre o invento do teléfono, visitaron o Museo do Mar, para coñecer máis de preto a aplicación deste invento nos barcos pesqueiros. Grazas a un aparello de telefonía que había no Museo, puideron falar como se nun barco estivesen, a través da Costera; incluso utilizando os códigos secretos que utilizaban nas súas comunicacións os patróns e os armadores. O obxectivo era que o resto da frota, se puidese oír a conversación, non se enterasen do que pescaban e a zona onde estaban situados.

Teléfono Violeta

Polo día Internacional da Muller, escolleron a aquelas mulleres pioneiras dentro do mundo das comunicacións por vía telefónica.

O teléfono 5⁰ curso.pdf

Murais informativos "O teléfono"

Recompilación da información en murais colaborativos.

Internet e Redes Sociais 6º curso


Redes sociais 6⁰A.pdf

Redes sociais 6º A

Investigación sobre o fenómeno social que supuxo a chegada das redes e breve descripción das máis utilizadas.

Presentación de Internet de 6ºB .pdf

Internet 6º B

Investigación sobre a orixe, desenvolvement evolución de internet, desde os seus inicios ata como a coñecemos agora.

Líña cronolóxica de Internet

Historia e evolución de Internet a través desta liña cronolóxica de Internet

Inventos que cambian a música

Na clase de música o alumnado de 6º curso investigou sobre os "Inventos que cambian a música".