Como actividade de presentación do PDI pedimos ao alumnado que escribisen o nome dun invento ou decubrimento, enchemos tres murais.
Como actividade de presentación do PDI pedimos a todo o alumnado, axudado polas súas familias, que escribise algún invento ou descubrimento que considerase importante e fundamental para o desenvolvemeto do seres humanos.
Intentade contestar estes cuestionarios, seguro que sabedes moito máis do que pensades
Actividad_ideas_previas_1_2.pdf
Actividade de ideas previas para 1º e 2º cursos:
Emparellade cada invento coa tarefa para que se emprega.
Actividad_ideas_previas_3_4.pdf
Actividade de ideas previas para 3º e 4º cursos:
Que sabedes destes inventos? Para que sirven? Quen os inventou?
Actividad_ideas_previas_5_6.pdf
Actividade de ideas previas para 5º e 6º cursos:
Investigade un pouco, para averiguar quen foron os creadores destes inventos.
Día 3 de decembro: "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".
Inventos que cambian a vida das persoas con discapacidade.
Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Conmemoramos o "Día Internacional das persoas con Discapacidade" con esta actividade na que investigamos todos aqueles inventos, descubrimentos e tecnoloxías que facilitan a vida das persoas con discapacidade.
Con esta actividade decatámonos da importancia da investigación e a tecnoloxía posta ao servizo destes inventos; e a mellora que supoñen na calidade de vida destas persoas.
Nadal 2021: "Concurso de Tarxetas de Nadal 2021".
Nadal 2021
Polo Nadal celebramos o tradicional "Concurso de Tarxetas de Nadal", este ano pedimos ao alumnado que procurasen integrar o tema do PDI "Inventos que cambian o mundo" nas súas tarxetas de felicitación.
O vídeo mostra como captaron a idea. Na maioria das tarxetas aparece algún, relacionado co que están traballando.
Recompilación dos traballos de aula realizados no primeiro trimestre.
O_lume_1.pdf
O lume. 1º curso
Actividade sobre "O lume" realizada por 1º.
Despois de investigar sobre a aparición do lume, reflectiron o aprendido nun mural, que quedou exposto no corredor.
O_Lume_2ºA.pdf
O lume. 2º A
Actividade sobre "O lume" realizada por 2ºA.
Despois de investigar sobre a aparición do lume, historia, evolución, usos... recolleron todo aprendido neste libro.
CÓMIC LUME DECEMBRO 21_2ºB.pdf
O lume. 2º B
Actividade sobre "O lume" realizada por 2º B.
Despois de investigar sobre a aparición do lume, recompilaron todo o aprendido en forma de cómic.
A_RODA_3º.pdf
A roda. 3º curso
Actividade sobre "A roda"realizada por 3º.
Despois de investigar sobre a aparición e evolución da roda, recolleron o aprendido nun lapbook.
A roda. 4º curso
Actividade sobre "Os usos da roda" realizada polo alumnado de 4º.
Despois de investigar sobre os usos da roda, recompilaron todo o aprendido neste libro.
Deixándonos tamén este vídeo explicativo.
O arado. 5º curso
Un dos máis grandes inventos da humanidade foi a agricultura e o arado.
O alumnado de 5º curso elaborou con Chroma Key este vídeo sobre o poema homónimo de Manuel María.
Simboloxía do lume_Relixión _Católica.pdf
Simboloxía do lume. Relixión Católica.
Actividade sobre a "Simboloxía do lume" realizada polo alumnado de 2ºA na clase de Relixión Católica.
Despois de investigar sobre o que significa o lume como símbolo relixioso, recolleron o aprendido nun lapbook.