"Inventos que cambian o mundo"

Este curso imos coñecer aqueles inventos que cambiaron e siguen cambiando o noso mundo

Obxectivo do proxecto

Coñecer como cambiou e segue cambiando a mundo a través da evolución dos inventos e descubrementos da humanidade.

Planificación do proxecto

1º Trimestre

Empezaremos con: O lume, a roda e o arado. Tres inventos que consideramos fundamentais para o desenvolvento dos seres humanos.


2º Trimestre

Centrarémonos nos medios de comunicación, desde os máis antigos como poden ser: primeiros manuscritos, imprenta, telégrafo, prensa escrita, radio... ata os máis actuais como TV, internet, redes sociais.

3º Trimestre

Inventos de elección libre, cada grupo clase, de xeito voluntario, elexirá os inventos que lle apeteza saber máis deles.

Exposición de todo o traballado: Exposicións orais, exposición de traballos elaborados, difusión entre a comunidade escolar.

Temas transversais

Traballeremos de xeito voluntario o tema relacionandoo coas distintas conmemoracións.

Día Internacional das persoas con Discapacidade, 3 de decembro

Conmemoraremos esta data informándonos sobre "Inventos, descubrimentos e tecnoloxías que facilitan a vida das persoas con discapacidade".

Día Internacional da Muller 8 de marzo

Dedicaremos unha sección ás mulleres inventoras, científicas, descubridoras... inventos creados por mulleres.

Inventos que cambiaron a música

Na clase de música investigaremos sobe inventos que foron decisivos no xeito de compoñer, interpretar e escoitar e transmitir a música.