OBRADOIRO DE BICHOS

Grazas ao entomólogo Miguel Santamaría gozamos dunha experiencia inesquecible

AS MARUXIÑAS CON 4º EP

Brais e os compañeiros/as de 4º de Primaria organizaron unha charla e busca do tesouro sobre as xoaniñas para os maiores de infantil! GRAZAS 🥰

OS PEQUES DE 4º XA TEÑEN NOVOS NOMES PARA OS EQUIPOS

Tras facer unha votación os novos nomes dos equipos  son: 

Equipo auga azul.

Equipo aire amarelo.

Equipo terra verde.

Equipo lume vermello.

Os peques utilizaron técnicas de cooperación para facer os carteis dos seus novos equipos.

OBRADOIRO DE BARRO

Investigando os usos da terra, convertémonos en artesáns e creamos fermosos adornos de Nadal! 🎄

TRABALLAMOS OS TIPOS DE TERRA

 OS BOTES DAS NOSAS TERRIÑAS

Aprenderon que hai terra rochosa,areosa,arxilosa e orgánica.Entre todos encheron un bote coas distintas areas no que plantaron sementes de  céspede.Agora toca coidalo e esperar  para ver se nacen as herbiñas⏳🌱

TRABALLAMOS AS CAPAS DA TERRA

CAPA SUPERIOR

Os Colorinch@s debuxaron o humus! Cheo de materia orgánica e raíces.

CAPA INTERMEDIA

A os peques de 4º tocoulles facer a capa intermedia do chan.Fixeron as pedras,os minerais e algunhas das raices  que chegan a esa capa.

CAPA INFERIOR

A os peques de 5º tocoulles facer a capa inferior do chan. Fixeron moitísimas pedras xa que esta capa e todo rochas.

QUE SABEMOS DA TERRA?

Para comezar a investigar sobre o proxecto precisabamos coñecer que sabían da TERRA.Todos os peques de infantil na AULA DO PROXECTO  compartiron os  seus coñecementos. 

QUE QUEREMOS SABER?

O segundo paso foi  descubrir os seus intereses. Eles mesmos explicaron o que  lle gustaría aprender ao longo do curso relacionado coa TERRA.

Os Colorinchos crean os seus equipos!!

Con esta actividade recoñecemos os catro elementos e fomentamos a cohesión grupal co traballo cooperativo.

Equipos: Terra, Aire de Cores, Super Agua e Lume...

A por todas!! 🌱🌪️💧🔥

Os nenos e nenas de 5° de infantil xa teñen  equipos!!

A partir de agora só queda seguir investigando, vai ser xenial!!

E seguimos co proxecto... O NOME PARA OS EQUIPOS

Os peques de 4º de Infantil aínda están no proceso de escoller os nomes do equipo.


20231017_101345.mp4

O primeiro que fixeron foi xogar a " DETECTIVES DE CORES".Buscaron pola aula obxectos de cor, verde, amarela, vermella e azul.O pasaron xenial.


Para asociar a cor ós catro elementos fixeron unhas actividades de mesa nas que usaron diferentes técnicas artísticas.


Nesa mesma semana xogando coa Xoaniña Juanita descubriron que ela era vermella e que tiña moitos amigos escarabellos,saltamontes,abellas que eran azuis,verdes e amarelos.


Aprenderon moitas cousas,agora chegaba un momento moi importante.Tocaba decidir o nome dos equipos.Serían os catro elementos ou os bichiños de cores?.Fixeron unha votación e de momento hai un empate, xa que faltan dous  compis.Cando volvan teremos o resultado....

PRÓXIMAMENTE .....O NOME DOS EQUIPOS DE 4º 

Unha pequena mostra do ben que o pasaron os peques na busca do seu Elemento: TERRA

Arrancamos o proxecto cunha actividade motivadora. A escola convértese nun cine.