PATRULLAS DE LIMPEZA

O alumnado de 5º de Primaria e 6º de Infantil levou a cabo varias batidas de limpeza para deixar ben limpo o noso patio! 

APADRIÑAMENTO LECTOR

O alumnado do I.E.S Sanxenxo  visitounos e contounos o nosos contos favoritos. Maiores e pequenos/as estivemos encantados de compartir esos momentos.

Grazas compañeiro/as.

NOVAS COCIÑAS EXTERIORES!

O Proxecto "Patio Será!" segue vivo. Estas novas cociñas que chegaron para o patio favorecen o xogo simbólico, non estructurado, de auga e en contacto coa natureza! 🧑‍🍳

CASE DESPEDINDO Ó OUTONO

Por fin saeu o sol para poder ir ó parque  a cantar e bailar todos xuntos"El viento de Otoño".Foi un día moi especial,xa que os peques de 4º facían a súa primeira saída e os maiores convertíronse en profes e ensináronlle os pasos do baile.

VOLVE O CONSELLO INFANTIL!!

Dous representantes de 6º de Infantil acudiron á primeira xuntanza do Consello Infantil. Alí defenderon as ideas de todo o alumnado do ciclo en canto á mellora do patio. 

REDUCIR,REUTILIZAR E RECICLAR

A nosa amiga Brillantina visitou aos nenos de 4º E  e ensinoulles o importante que é REDUCIR,REUILIZAR E RECICLAR para codiar o noso planeta.

Xogaron a separar  diferentes envases e depositalos nos contedores correspondentes.


CONTOS

Disfrutaron da lectura dos  contos "10 cosas que puedo hacer para ayudar a mi mundo"  e " Cuida tu planeta" .Juan e Tolola ,os protagonistas do conto, regaláronlles unha  imaxe  dunha árbore que  están enchendo de folliñas de papel cada vez que tiran os seus residuos da merenda nos contedores correspondentes.Cando a completen conseguirán unha pranta para a aula.Están moi emocionados e o están facendo moi ben.


     REDUCIR,REUTILIZAR E RECICLAR

E para rematar cantaron e bailaron con alegría ó ritmo da canción REDUCIR,REUTILIZAR E RECICLAR


CALENDARIO DE NADAL

O Nadal trouxo consigo retos: decoración, desexos, contos, cambios de clase, pintacaras, panxoliñas, cine, postais e moito máis!!

PRIMEIROS AUXILIOS

Grazas a Universidade de Vigo aprendimos a chamar ao 112, actuar en atragantamentos, manexar un desfibrilador e facer unha RCP!